En Común-Unidas Podemos chama ao PSOE a escoitar o mandato da cidadanía que pide un Goberno de progreso

A formación valorou os resultados da xornada electoral destacando que será clave no futuro que se aveciña no Estado
Por o 28/04/2019 | Sección: En Común Unidas Podemos,Política
En Común-Unidas Podemos chama ao PSOE a escoitar o mandato da cidadanía que pide un Goberno de progreso
Compartir en:

En Común-Unidas Podemos chamou este domingo ao PSOE a escoitar o mandato da cidadanía, que á vista dos resultados das eleccións, pide claramente un Goberno de progreso. A deputada electa por Pontevedra, Yolanda Díaz, sinalou que “instamos ao PSOE a escoitar o que dixeron as urnas e facer efectivo ese Goberno progresista”. Díaz agradeceu ás galegas e galegos a confianza depositada e amosouse convencida de que “seremos clave no futuro que se aveciña no conxunto do Estado. A forza da unidade en Galicia é En Común-Unidas Podemos e a partir de mañá saímos a traballar, a gañar e a tecer e seguir sumando para cambiar a faciana do noso país”.

Yolanda Díaz indicou ademais que “estamos moi orgullosas de derrotar á dereita. En España non vai gobernar o bloque reaccionario, chámese como se chame. O PP da corrupción sae destrozado e saíremos a combatir a estas forzas que non gobernarán”. A deputada engadiu que “dende xa poñémonos a traballar para conseguir a derrota de Feijóo e do Partido Popular nas vindeiras eleccións”.

O deputado electo pola provincia da Coruña, Antón Gómez-Reino, apuntou que “o conxunto da cidadanía demócrata e progresista está aliviada e mirando ao futuro positivamente”. Así, lembrou que na campaña “diciamos que era imprescindible que houbera deputados de En Común para un Goberno de progreso onde estea Galicia. Agora hai que poñerse a traballar para facelo posible”, xa que “máis de 200.000 galegos e galegas avalaron a nosa proposta política”.

Gómez-Reino reivindicou que “somos o espazo hexemónico da esquerda transformadora en Galicia” e concluíu remarcando que “paramos á dereita corrupta do PP e á extrema dereita. O PSOE non ten números para gobernar só, así que agora hai que poñerse a traballar para conformar un Goberno de progreso, no que Galicia estea no centro”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.