En Común-Unidas Podemos mostra a súa solidariedade e demanda condicións de traballo dignas na PSA Citroën en Vigo

Publicado por o día 06/05/2019 na sección de En Común Unidas Podemos,Galicia,Política,Vigo

En Común-Unidas Podemos mostra a súa solidariedade e demanda condicións de traballo dignas na PSA Citroën en Vigo

En Común-Unidas Podemeos amosou este luns a solidariedade cos traballadores e traballadoras de PSA Citroën da área de montaxe que hoxe comezaron un peche en Vigo e a deputada Yolanda Díaz anunciou que visitará aos traballadores pechados na factoría.

“As condicións laborais dende hai un par de meses son insostibles, levan moito tempo, dende a última montaxe da furgoneta, con excesos de carga de traballo”, denunciou este luns a deputada Yolanda Díaz.

Ante esta situación “demandamos condicións de traballo dignas” porque xa “levan tempo pedindo á empresa a contratación de novo persoal para alixerar as cargas de traballo”.

Díaz denunciou que empresa non só non atende ás súas peticións, senón que ademais recortou nove postos de traballo.

“A día de hoxe siguen defendendo a incorporación destas 9 prazas e novas contratacións para mellorar as condicións e respectar as normativas de saúde no traballo”, afirmou.

Por iso, desde En Común Unidas Podemos pediremos o nivel de enfermidades que teñen na empresa, porque son moitos os traballadores en baixas ou con enfermidades non recoñecidas e todo polas condicións de traballo.

“As dores que teñen é polas condicións laborais, isto non é decente no S.XXI. Pediremos que se corrixan as deficiencias laborais”, reclamou a deputada.