En defensa da Galicia empobrecida, unha mañá sen praia

Día da constitución do décimo parlamento de Galicia. Diante da Xunta de Galicia en Vigo.
Publicado por o día 07/08/2020 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Protestas,Social,Vigo

En defensa da Galicia empobrecida, unha mañá sen praia

No 7 de agosto, coincidindo coa constitución do décimo Parlamento galego, concentrámonos o foro socioeducativo Os Ninguéns apoiadas polo Movemento en Defensa das Pensións: Modepen, diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo, confeccionando no chan un tapiz multicolor con toallas de praia e pancartas reivindicativas en defensa das persoas empobrecidas.

LIMIAR SOCIOPOLÍTICO:

As persoas en situación de pobreza extrema non están nela por vontade, por pereza ou por non querer traballar; os insoportables índices de pobreza están relacionados cun sistema político e financiero estructural sistémico que xenera altos niveles de desemprego, economía sumerxida, traballadores non regulados, asalariados empobrecidos e persoas en pobreza crónica; acumulación de capitais en mans das élites, paraísos fiscais…

As persoas empobrecidas nos países desenvolvidos son excluídas ou expulsadas, nun sistema altamente inxusto, inmoral e pouco civilizado. Non viven nun sistema democrático, son víctimas dese sistema que nega a xustiza social e a liberdade, porque non son cidadás libres ao non cubrir necesidades básicas.

Hoxe, cando en Compostela se está a constituir o décimo Parlamento galego, vimos a esixir que os partidos que o configuran axenden e prioricen políticamente a situación de pobreza extrema nos seguintes extremos, que propoñemos que remate nunha diagnose real e propostas efectivas a dous anos vista:

РQueremos un aumento significativo dos orzamentos e aumento das plantillas de t̩cnicos e profesionais acorde coas necesidades obxectivas, e que estes equipos sexan Multidisciplinarios.

-Que se analice o senfogarismo para buscar medidas que rematen co límite de dez días dos albergues, coa falta de privacidade nos mesmos e se traballe por unha inclusión real e definitiva que remate nunha transición a pisos permanentes para que non haxa en Galicia ninguén sen teito.

– Que nesa liña se traballe para acadar un consorcio de vivenda social en réxime de aluguer, en colaboración cos concellos e totalmente público, para paliar a problemática dos despexos sen alternativa e das persoas sen fogar, pero tamén para calquera que non poida acceder a un prezo de mercado.

– Que se revise a Renda de Inclusión Social de Galiza, aproximándose ao indicador AROPE, e igualmente se unifiquen todas as prestacións sociais para rematar co exceso de burocracia, que poderían unificarse se a prestación principal recibida cubrira as necesidades básicas completas, de alimentación, vivienda, suministros, hixiene, etc, é dicir revisar as pensións non contributivas, as rendas activas de inserción, as pensións de viuvedade, amáis todas as axudas accesorias para persoas empobrecidas e substituilas por unha soa ferramenta económica que saque do umbral da pobreza a estas persoas.

-Entregar de forma gratuita cubrebocas ás persoas empobrecidas que non poden sufragalos.

– Que se traballe por acadar un plan estable dende a competencia das políticas activas de emprego transferidas ás comunidades, que comece na formación e remate en bolsas de traballo efectivas que ampare a todo cidadán e sobre todo aos máis vulnerables, con maiores trabas de acceso a un posto remunerado.

– Revisar a fenda dixital que fixo que durante esta crise moitos nenos e nenas non poideran estudar pola falta de recursos.

– Que as tarxetas moedeiro non sexan estacionais senón permanentes para persoas que precisen ese apoio alimentario, de hixiene, limpeza e parafarmacia, debería consolidarse como un instrumento estable e por suposto non deixar fóra das bases a perceptoras de prestacións sociais como actualmente sucede.

Pediríamos o mesmo para as tarxetas benvida ou cheque bebé, que non sexa un apoio puntual.

-Que se analice a situación das mulleres en situación de prostitución e se promova unha actuación en consecuencia cunha política integral de arroupe para a posibilidade de saída urxente da mesma.

– Medicina social: Precisamos que se cubran dende o público as patoloxías que non ampara a seguridade social como a odontoloxía, oftalmoloxía e podoloxía.

– Sobre as migrantes non reguladas: moitas delas levan moitos anos vivindo en Galiza e deberían ter os seus dereitos equiparados co resto dos cidadáns e asegurar mediante lexislación autonómica o acceso destas persoas ás prestacións sociais das que son excluídas na actualidade.

– Traballar pola consecución de que as Unidades de Traballo Social abran en quendas de mañá e tarde para rematar co colapso e a demora nas axudas, e mellorar a calidade da atención a perfís vulnerables.

– Que se poñan en marcha departamentos de urxencias sociais, seguindo o sistema da triaxe similar ao eido sanitario: unha atención “aquí e agora”, inmediata.

– Sobre as cárceres, pedimos unha revisión dende o Parlamento da situación actual dos presos e presas para promover e presionar para que o goberno central movilice recursos para o cumprimento de condeas en réxime semiaberto, inclusión sociolaboral e achegamento ao domicilio familiar dende os CIS (centros de inserción social).

– Finalmente pediríamos que a administración autonómica teña como obxetivo propio a atención da poboación empobrecida, é dicir evitando delegar en externalizacións mediante organizacións sociais ou relixiosas unha asistencia que debería ser institucional e directa dende o público, sen transferirlle ás ONGs este traballo como únicas entidades xestoras.

Esperamos que todas estas peticións abran un debate e sexan tidas en conta, considerando que os movementos sociais estamos lexitimados para trasladar as necesidades máis urxentes observadas a pé de rúa, e presionaren conxuntamente para acadar estes obxectivos, que se farán chegar a todos os partidos que configuren o Parlamento pedindo pola súa banda responsabilidade social, e vontade política de mudar a dramática situación galega.

Comentar noticia

Your email address will not be published.