En execución as obras de canalización de recollida de augas pluviais e muro de contención en Leiromeán

Publicado por o día 01/04/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

En execución as obras de canalización de recollida de augas pluviais e muro de contención en Leiromeán

O Concello de Ribadumia informa que deron comezo as obras de canalización de recollida de augas pluviais e muro de contención en Leiromeán (Parroquia de Leiro).

Esta actuación busca mellorar a seguridade viaria xa que se realizará a substitución nun tramo de 3 metros da cuneta aberta por un colector subterráneo para recoller as augas pluviais e farase un posterior formigonado ata alcanzar a cota de rasante do vial. Ó mesmo tempo que se acometerá a construción dun muro de contención de pedra de 12 metros de lonxitude e muro de peche de pedra co correspondente retranqueo.

Esta obra está dentro do proxecto “Obras de mellora de recollida de augas pluviais en diversos puntos do concello” o cal está financiado polo Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra e ascende en conxunto a 27.192,80 €.

O proxecto recolle outras actuacións que serán executadas en Leiro e Lois.

Deste xeito dáselle resposta dende o Concello as solicitudes realizadas por diferentes veciños da zona Regueira – Leiroméan para mellorar a recollida de augas pluviais ó tempo que mellorar a seguridade viaria da zona.