En Marea acusa a Feijóo de mentir sobre a solución dos conflitos na sanidade galega

Luís Villares exhibe un documento no que colectivos sanitarios aseguran que non chegaron a un acordo como a Xunta de Galicia anunciou
Publicado por o día 28/03/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea acusa a Feijóo de mentir sobre a solución dos conflitos na sanidade galega

Luís Villares acusou ao presidente da Xunta de mentir nos anuncios de solución dos conflictos sanitarios abertos en distintas áreas da sanidade galega, e exhibiu na sesión de control ao presidente, documentos nos colectivos sanitarios aseguraban que non chegaran a ningún acordo, tal como a Xunta tiña anunciado cambiando os termos unha acta da reunión. Villares pediulle a Feijóo que deixe de “mentir e que recoñeza o fracaso da xestión sanitaria en Galicia do seu goberno”.

O voceiro de En Marea sinalou no comezo da súa intervención que mentres el falaba no Parlamento de Galicia estaba na rúa “un exemplo máis da nefasta política sanitaria do seu Goberno. Nestes intres, mentres falamos, profesionais sanitarios dos PACs de Santiago, Ourense, Vigo, Lugo, Ferrol, A Coruña e Pontevedra están peregrinando ao edificio da Xunta porque nin no Sergas nin na Consellería do señor Almuiña atenden as súas demandas”. Apuntou Villares que as traballadoras dos PAC’s levan desde o7 de xaneiro pasado “en folga indefinida”.

Villares considerou que a atención que lle presta o goberno que preside Feijóo é nula e leva provocado “unha sanidade que deixa sen atender aos pacientes, que penaliza aos profesionais e que recorta en todo o necesario para a atención, mentres o seu goberno tivo tempo de subirse os salarios”. O voceiro de En Marea detallou os motivos que mantén á sanidade galega mobilizada contra os recortes do PP. Villares sinalou lembroulle ao presidente da Xunta que era necesario “lembrarlle que tanto o colectivo dos PACs como o de atención primaria piden melloras no servizo público; mellorar a atención sanitaria en dous puntos que constitúen o piar central da sanidade pública, que RESOLVE o 90% dos problemas de saúde da xente. E vostede para eles non ten nin un plan, nin unha solución, nin orzamento”.