En Marea advirte que “a relación a tres do PP está baseada na promiscuidade coa extrema dereita”

Luís Villares informou dos asuntos que o seu grupo levará ao pleno do Parlamento da vindeira semana entre os que destacan os recortes de dereitos á cidadanía por parte do goberno de Núñez Feijóo, a situación da sanidade, os graves problemas de acceso á vivenda, ou a situación da empresa Ferroatlántica.
Por o 22/01/2019 | Sección: En Marea,Galicia,Política
En Marea advirte que “a relación a tres do PP está baseada na promiscuidade coa extrema dereita”

 O voceiro de En Marea, Luís Villares, informou tras a xunta de voceiros celebrada esta mañá no Parlamento de Galicia, sobre os asuntos que o seu grupo levará ao vindeiro pleno. Neste sentido destacou a reflexión política que En Marea levará a Cámara galega sobre a deriva á dereita “máis se cabe” por parte do Partido Popular, “a dereita máis autoritaria e insolidaria por máis que Feijóo faga numeritos para se vestir de centrista”. “Consolidase unha tendencia despois da convención do PP desta fin de semana e que en Galicia é unha realidade desde hai tempo como é gobernar para os ricos mentres se recorta para todos os demáis e se amordaza aos que protestan” afirmou Villares.

“Esta fin de semana supón unha certificación da carta natureza desa relación a tres, dese trío reaccionario. Unha relación baseada na promiscuidade coa ideoloxía da extrema dereita que ten como consecuencia a inoculación dun virus no PP de deriva autoritaria e contraria aos dereitos fundamentais e valores democráticos” advertiu o voceiro de En Marea. Así, sinalou ao Partido Popular en España como a única organización política europea que decidiu saltarse o cordón sanitario que se estableceu contra as forzas de extrema dereita. “O PP seguindo o peor dunha tradición autoritaria do franquismo, recupera agora unha serie de principios e valores que poñen en risco os alicerces da nosa democracia” asegurou.

Co obxectivo de previr que esta enfermidade chegue ao noso país, En Marea levará á Cámara galega ese debate xa que as consecuencias desa “relación a tres” ten varias consecuencias fundamentais. En primeiro lugar pon en cuestión dereitos fundamentais como o dereito á igualdade entre homes e mulleres e o dereito de establecer medidas por medio da acción pública de discriminación positiva para acabar coa discriminación positiva cara as mulleres. En segundo lugar, o recorte de liberdades públicas. E por último, a ameaza do autogoberno de Galicia xa que se trata dunha forza que defende a supresión das Autonomías.

“Abriremos un debate no que preguntaremos se é lexítimo en termos democráticos chegar a acordos con forzas políticas que desprezan os dereitos fundamentais e en especial o dereito á igualdade” salientou Luís Villares. Nesta mesma liña, o voceiro de En Marea preguntará ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cando pensa parar de recortar dereitos á cidadanía galega.

O grupo parlamentario de En Marea levará así mesmo ao pleno unha batería de iniciativas relacionadas co eido sanitario ante o “maltrato continuado” por parte do Goberno galego ao sistema sanitario que está a deteriorar o sistema e a saúde da propia xente. “O único que non está preocupado é Feijóo, porque a cidadanía está a deixar clara o seu rexeitamento” manifestou. Por este motivo, En Marea levará unha serie de iniciativas para dignificar a atención primaria do noso país con melloras laborais, solicitar máis prazas e máis recursos e tamén reclamarán unha planificación axeitada para acabar coa grave situación que se vive, por exemplo, nas urxencias do noso país.

Outra cuestión que se tratará en relación á sanidade será o modelo de transporte sanitario urxente terrestre que non está a funcionar de xeito adecuado o que provocar que aconteza algunha desgraza. “Non queremos que este problema se converta en drama” advertiu Villares.

En Marea levará un bloque de iniciativas relacionadas coa vivenda e urbanismo. Neste sentido levase a realidade hoxe en día o dereito á vivenda cos evidentes problemas co prezo da vivenda non só en compra senón tamén en aluguer. “Estamos ante unha situación inasumible desde punto de vista dun poder público que simplemente queda a mirar entres uns poucos especulan cun ben publico. Isto acontece mentres aumenta o desafiuzamentos por impago do alugueiro” subliñou o voceiro de En Marea. Así, o grupo levará unha iniciativa sobre o pago do Imposto de Bens Inmobles para os grandes propietarios.

En Marea denunciará en pleno tamén a especulación urbanística que está a acontecer en Mos coa construción da cidade deportiva do Celta.

Tamén relacionado coa vivenda, en Marea tratará a pobreza enerxética e a alza dos prezos é algo que sufrimos todas as consumidoras e falla de información dos nosos dereitos e as taxas das eléctricas.

Por último, en materia de emprego, En Marea falará do futuro de Ferroatlántica preguntando á Xunta de Galicia que pensa facer ante a parada de actividade dos fornos e as súas consecuencias.

Comentar noticia

Your email address will not be published.