En Marea afirma que “son orzamentos dun Goberno débil, sen credibilidade e desgastado”

O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, advirte que “non se revalorizan as pensións” e salienta que “a merma dos ingresos na Seguridade Social non se soluciona con pílulas, hai que derogar a reforma laboral e rematar coa precariedade para aumentar as cotizacións.”
Publicado por o día 27/03/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea afirma que “son orzamentos dun Goberno débil, sen credibilidade e desgastado”

O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, afirmou este mediodía en relación ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019, que se aprobou nun Consello de Ministros extraordinario, que son “os Orzamentos dun Goberno débil, cuestionado, e sen credibilidade que vive momentos de forte contestación social”.

O deputado puxo de manifesto que a “pesar da propaganda oficial, seguen sen ser os Orzamentos da recuperación económica e non sirven para reactivar a economía. Continúan a liña marcada pola Troika de obsesión no cumprimento do décifit, deixando de lado o afortalamento do Estado de Benestar. Son orzamentos anti sociais”. Nese sentido, censurou o “pacto acadado con Cs en relación ás pensións. O que nos presentan son remendos cando as pensións deben ser revalorizadas en función do IPC e precisan a adopción de medidas globais de fondo”.

Débeda
Ademais, o deputado criticou que desde que goberna o PP a débeda pública “aumentou en 400 mil millóns de euros. O aumento do PIB desde 2013 foi só de 138 mil millóns de euros, polo que por cada euro de crecemento da economía, a débeda pública aumentou 3 euros”.

Non se garante o benestar das maiorías sociais
O voceiro criticou que se aposte pola vía “de mermar os ingresos con pequenos cambios tributarios que non arranxan o problema”.

“Queremos un sistema tributario máis xusto e que permita os ingresos suficientes para non esquilmar máis a hucha da Seguridade Social. Igual que habería que derogar a reforma laboral porque os contratos lixo e a precariedade están a reducir as cotizacións á Seguridade Social”, denunciou, destacando que desde finais de 2011 deuse un estancamento en torno aos 600 millóns de horas semanais traballadas, o que quere decir que non hai unha creación neta de traballo, o que hai é un reparto del traballo entre maís xente.

O voceiro de En Marea salientou que “son os Orzamentos da liña continuista dos recortes. Todo centrado no cumprimento do déficit, como dixo Montoro, que se traduce en menos recursos para sanidade, educacación, políticas sociais que son as que exercen as CCAA”.

Ademais, criticou “que o Goberno de Rajoy fique tan só nas cifras macro para falar dunha falsa recuperación económica sustentada na desigualdade, en salarios de miseria, nun sistema tributario inxusto, en salarios públicos conxelados, en pensións con gran perda do poder adquisitivo, en recortes sanitarios e educativos, na paralización da Lei de Dependencia e na inexecución dos orzamentos destinados á violencia machista ou ás políticas de conciliación”.

“Estos son os efectos de Orzamentos austericidas como os que continúan a presentarnos. Son ineficaces para cambiar o modelo produtivo e económico e continúan no Estado social mínimo”, denunciou o deputado.

Outra das ideas destacadas por Fernán Vello foi a cuestión do incumprimento das contas do Estado: “Os Orzamentos soen ser papel mollado, non se cumpren e adoecen dun baixo nivel de execución como podemos ver coas partidas que o estado adica a Galicia”.

O voceiro de En Marea advertiu sobre a chantaxe “dun Goberno en minoría que presenta unhas contas que no momento actual non teñen viabilidade política. Non ten apoios para sacalos adiante no momento actual. Van do ganchete de Cs, un partido que se limita a facer propostas efectistas e illadas, que non ten un proxecto claro nin real e que cambia de postura continuamente por interese propio”.