En Marea amosa a súa satisfacción pola decisión do Tribunal de contratos de paralizar a adxudicación do concurso de helicópteros do 061

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, valorou como moi positivo que se teña que aclarar e informar sobre as condicións de seguridade e calidade do servizo
Publicado por o día 29/09/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea amosa a súa satisfacción pola decisión do Tribunal de contratos de paralizar a adxudicación do concurso de helicópteros do 061

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, amosou a súa satisfacción e ao do seu grupo parlamentar tras se coñecer a decisión do Tribunal de Contratos de paralizar a adxudicación do concurso dos helicópteros do 061 a expensas de que se aclaren as condicións de calidade do servizo.

O grupo de En Marea ten denunciado hai uns meses no Parlamento de Galicia as circunstancias nas que se daba ese contrato cunha redución do importe pero sobre todo cunha serie de deficiencias relacionadas coa baixa esixencia en materia de seguridade e coñecementos dos propios pilotos cuxa experiencia non quedaba acreditada e a seguridade na aeronaves non estaba igualmente determinada como si acontecía noutros anteriores. Unha redución dos requisitos que o grupo parlamentario pensaba que viña motivado pola intención de facilitar a adxudicación a esta nova empresa.

“É unha moi boa nova esta paralización e sobre todo que se teña que aclarar e informar sobre as condicións do servizo tendo en conta que se trata dun servizo que deben contar coas máxima seguridade e que non se pode dar cunha redución da calidade á baixa simplemente para adxudicala a unha empresa determinada” concluíu Eva Solla.