En Marea arrinca en Vigo con forza cara o 26X

O acto do inicio de campaña foi en Rúa Camelias onde inauguraron a sede central na cidade olivica e logo ao finalizar a pegada de carteis na porta do Sol
Publicado por o día 10/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

En Marea arrinca en Vigo con forza cara o 26X

No acto de apertura da campaña na cidade viguesa participaron Alexandra Fernández, xunto con Xosé Manuel Beiras, Carmen Santos e Rubén Pérez. A pegada de cartaces tivo lugar na Porta do Sol.

En Marea deu o pistoletazo de saída da campaña eleitoral do 26-X en Vigo cun acto que deu comezo ás 22 horas no seu local situado na Avenida das Camelias, na outra campaña do 20D estivo na rúa Venezuela, Neste novo local é onde se reuniron militantes, simpatizantes e persoas que quixeron participar conxuntamente coa cabeza de lista por Pontevedra, Alexandra Fernández, o portavoz nacional de Anova Irmandade Nacionalista, Xosé Manuel Beiras, o voceiro de AGE, Rubén Pérez e a Secretaria Xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos, na noite que marca o inicio da campaña eleitoral.

Un acto no que Alexandra Fernández animou a “redoblar os esforzos colectivos para que o novo emerxa con máis forza de cara o 26-X, porque temos claro que só pode haber mudanza real se as forzas de cambio somos maioría”. Salientou a urxencia de “botar ás dereitas do Goberno do estado” e remarcou que “somos a alternativa ao PP”.

Subliñou que a dirección é clara: “ou o PP e as súas metástases ou o poder popular da xente”. Alexandra Fernández tamén pediu maior respaldo porque “como galegas e galegos temos que acadar agora o que non puidemos acadar o 20-D. Precisamos de máis apoios para En Marea para que a Mesa do Congreso non impida desta volta desenvolver o noso traballo parlamentar coas ferramentas que nos corresponden por dereito”.

Puxo en valor o traballo desenvolvido nesta breve lexislatura por En Marea, destacando algúns dos problemas abordados como o sinistro do Alvia, Ence, Reganosa, Alcoa ou o sector lácteo. Manifestou o desexo de “sermos os altofalantes dos galegos e das galegas e defender nas institucións o que defendemos nas rúas”.

Finalizou remarcando a necesidade dun cambio político, “como na vida, lean por motor a ilusión, e En Marea leva por motor unha cidadanía desexosa de ser protagonista dos seus soños. Adiante o poder dos pobos, adinte En Marea!

Xosé Manuel Beiras dixo que “sempre se dí que a terceira vai a vencida, pero desta volta vai ser a segunda”, en clara alusión á necesidade de que se produza o cambio de Goberno no estado. Ademáis, recalcou a importanza do voto na Galiza sinalando que “o pobo galego vai ser decisivo para facer unha limpeza nas Cortes, quitar a toda esa borralla e poder así exercer os dereitos das clases populares”.

Carmen Santos afirmou que “hoxe damos o pistoletazo de saída da segunda volta das elecións máis determinantes e ilusionantes para a cidadanía das últimas décadas. Xogámonos moitos, xogámonos o presente e o futuro da xente honrada deste país, e para que Galiza teña voz propia en Madrid”. Rematou sinalando que o “sorriso de Galiza chámase En Marea”.

Rubén Pérez puxo de manifestó que “as candidaturas municipalistas precisan de deputadas como Alexandra para parar os ataques do PP á autonomía local e á democracia municipal
Ao rematar, e antes da medianoite, trasladáronse á Porta do Sol para realizar a tradicional pegada de cartaces.

ilcanallarubens_26X eleccions xerais_En Marea_Vigo_2016ilcanallarubens_eleccions xerais 26X_En Marea_Pegada Carteis_Vigo_2016ilcanallarubens_26X eleccions xerais_Familia En Marea_En Marea_Vigo_2016