En Marea asegura que a convivencia político-empresarial e as portas xiratorias do PP están a marcar as directrices da paisaxe no noso país

Por o 16/05/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea asegura que a convivencia político-empresarial e as portas xiratorias do PP están a marcar as directrices da paisaxe no noso país

En Marea denunciou o retraso inexplicable de máis de dous anos das directrices da paisaxe no noso país por parte da Xunta de Galicia que segue a traballar a prol dos intereses das grandes empresas contaminantes. O viceportavoz de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, e o deputado Marcos Cal denunciaron esta situación en rolda de prensa no Parlamento de Galicia despois de que xa en 2016 foran sometidas as exposición pública e despois do propio compromiso do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciando a súa aprobación no 2017 e a pesar disto, a día de hoxe continúan agochadas nun caixón.

O deputado Marcos Cal asegurou que estamos ante unha cuestión de enorme importancia para Galicia a todos os niveis, tamén económico xa que ten unha incidencia importante no sector turístico. Deste xeito, o goberno Feijóo “volve a se instalar na legalidade para favorecer ás grandes empresas amigas” xa que non existe motivo algún para este retraso. “A convivencia político-empresarial e a corrupción do PP están a marcar as directrices da paisaxe no noso país” denunciou Marcos Cal.

O viceportavoz no Parlamento fixo referencia os múltiples exemplos e sentenzas que existen nas que se pon en evidencia a opacidade e os continuos atrancos por parte do Goberno galego para defender os intereses do país e da cidadanía como no caso da mina de Corcoesto, as louseiras de Ourense ou a mina de Touro entre outros moitos.  “O constante traballi a prol das empresas contaminantes e contra o país é un modus operandi do Partido Popular” afirmou Sánchez.

Así mesmo, referiuse de xeito concreto á canteira de caliza da Serra da Lastra sobre a que desde hai anos que a Asociación Galega de Historia Natural leva reclamando información sobre os plans de labores que terían que ser publicadas anualmente tras o seu nomeamento como parque natural. Esta documentación que foi negada pola dirección xeral de Minas responsabilidade de Bernardo Tahoces, é que resulta fundamental para saber se actuou en relación aos dereitos mineiros. Tivo que ser a Valedora do Pobo a que pedirá a mesma información para que fora aportada. E ainda así non se entregou toda a información requirida xa que so se entregou desde o ano 2015 pero non dos anos anteriores. “Acábase de volver a solicitar e En Marea solicita por vía parlamentaria segundo testemuñas da veciñanza din que estivo polo menos de 2006 a 2011 abandonada, e queremos saber se a Xunta unha vez máis actuou con desleixo e non incoou á empresa para impedir agora que abran unha mina de novo” explicou o viceportavoz de En Marea no Parlamento.

“Todo apunta á Bernardo Tahoces que é quen fabrica as escusas, as probas, fai desaparecer, maquilla as desfeitas das empresas que contaminan e sempre actuando a prol da actividade contaminante e contra os que defenden o medio ambiente e o país.

Subordinación total da Consellería a esta dirección xeral, totalmente intolerable polo que esiximos o cese de inmediato a Bernardo Tahoces” concluíu Antón Sánchez.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.