En Marea aspira a converterse no dique que pare á dereita en Pontevedra

Publicado por o día 20/04/2019 na sección de En Marea,Galicia,Política,Ribadumia

En Marea aspira a converterse no dique que pare á dereita en Pontevedra

En Marea aspira a converterse no dique que free á dereita na provincia de Pontevedra. É a mensaxe que a candidata ao Congreso, Iris Malvido, deixou hoxe en sendos actos de campaña en Ribadumia e Poio.

Iris Malvido destaca a necesidade de “parar, coa forza dos votos, pero tamén da mobilización social, ás dereitas que ameazan os nosos dereitos e liberdades. Aínda que semella que as tres dereitas non van sumar para ter maioría no Congreso, si é necesario traballar duramente en Pontevedra para que En Marea consiga ese deputado que está agora mesmo en xogo con Ciudadanos”. Así faltaba a candidata en Ribadumia, onde Malvido se amosou convencida, en base ao apoio recibido nesta primeira semana de campaña, de que “En Marea vai ser un dique contra a dereita en Pontevedra e, nomeadamente, contra Ciudadanos”.

Iris Malvido comprometeuse a traballar para conseguir que “Galicia teña voz e voto en Madrid”. Foi a idea na que a cabeza de lista por Pontevedra ao Congreso incidiu nun mitin no que tamén participaron Enrique Oubiña, Gaspar González Somoza e Mary Camiña.

A cabeza de lista ao Senado centrou a súa intervención na importancia dos servizos de dependencia. “A non dotación de orzamentos á Lei de Dependencia fixo posible a súa mercantilización, mermando directamente a súa calidade. Dende En Marea defendemos a necesidade de volvelos públicos e de calidade”, asevera Camiña.

Pola súa banda, Enrique Oubiña valorou “moi positivamente a relación establecida entre Somos Ribadumia e En Marea”. Neste sentido, destacou a importancia para as mareas municipalistas, como Somos Ribadumia, “de contar con compañeiras nas institucións do estado. Unhas alianzas que permiten dar unha resposta axeitada aos problemas da veciñanza”, destacou.

Gaspar González Somoza puxo o foco na necesidade de “facer fronte á dereita que nos ameaza como persoas e como sociedade”.

Xa pola tarde, a axenda das candidatas de En Marea continuou cun mitin en Poio no cal, ademais das cabezas de lista ao Congreso e ao Senado, interviron Silvia Díaz e Peque González Novoa.

Silvia Díaz, concelleira en Poio, tameme quixo destacar a necesidade de votar a En Marea “para que Galicia, e Pontevedra concretamente, estea representada no Congreso español. Precisamos unha forza con voz propia en Madrid que non estea atada a dinámicas estatais, senón que teña o seu centro de decisión aquí, en Pontevedra, e en Galicia”.

A candidata ao Congreso, Peque González, reincidiu na necesidade de trasladar ENCE fóra da ría de Pontevedra. “É preciso un modelo industrial que pense nas persoas, pero tamén no medio ambiente. O único responsable da perda de empregos en ENCE é o seu consello directivo”, afirmou.

Antes de participar nestes dous mitins, a candidata Iris Malvido mantivo un encontro con diversas comunidades de montes do Val Miñor, entre as que estaban Vincios, Couso, Chaín, Peitieiros, Camos, Borreiros e Sabarís. Unha xuntanza na que a candidata e os comuneiros abordaron a necesidade de explicar no Congreso as características propias dos montes comunais e a súa singularidade, para que en base a iso se poida lexislar sobre eles. A candidata de En Marea comprometeuse a levar a Madrid as reivindicacións das comunidades de montes: a importancia de regular unha fiscalidade en consonancia coa actividade das propias comunidades; a protección ante os lumes; ou a singularidade das propias comunidades de montes.

Iris Malvido tamén participou este sábado na inaguración do local de Manifesto Miñor en Gondomar. A candidata de En Marea constatou a súa admiración pola capacidade de loita e tenacidade das veciñas de Gondomar, e nomeadamente das persoas que participan en Manifesto Miñor. Alí Antonio Araúxo, candidato á alcaldía da localidade miñorana explicitou a necesidade de unirse para facer de Iris Malvido a súa congresista, pero tamén para lograr sacar a Gondomar da parálise que a ten sumida o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.