En Marea avoga por frear a reconversión industrial encuberta que está destruíndo miles de postos de traballo na provincia de Pontevedra

Publicado por o día 15/12/2015 na sección de En Marea,Política

En Marea avoga por frear a reconversión industrial encuberta que está destruíndo miles de postos de traballo na provincia de Pontevedra

Esta mañá En Marea celebrou na cidade de Pontevedra o seu “Encontro polo emprego”, un acto no que se presentaron as principais medidas en materia laboral que inclúe o programa, entre as que destaca a derogación da reforma laboral e condicionar as axudas públicas aos sectores industrias á creación de traballo estable e digno.

Ángela Rodríguez, a número 2 ó Congreso dixo que nunha cidade coma Pontevedra é nestes  momentos imposibles ter un proxecto de futuro pois non hai emprego. “Atopamos que hai un amplo sector da poboación na provincia de Pontevedra que ten máis de 65 anos. A maior parte das mulleres dedícanse ós coidados de maiores e pequenos. Por iso En Marea sabemos que os coidados teñen que ser un sector estratéxico.  Di o FMI que por cada euro que invertimos en políticas públicas vanse catro euros en políticas privadas. Necesitamos reforzar o poder autonómico para chegar a unha situación na que poidamos crear emprego”, dixo Ángela Rodríguez. “Fronte ó goberno do Partido Popular que inviste cero euros para benestar, nós pensamos que isto ten que ser unha prioridade. Polo tanto, temos que reforzar a Lei de Dependencia para que non sexa papel mollado, para que as persoas que están en situación de dependencia poidan ser coidados polas institucións. E entre as medidas que propoñemos están a redución da xornada laboral a 35 horas e igualar os permisos de maternidade e paternidade de forma intransferible. As mulleres vivimos toda unha serie de agravios polo sistema económica e por iso pensamos que nesta provincia na que hai tantas mulleres que vivimos nesta situación, isto é unha prioridade”. Ángela Rodríguez tamén se referiu á retirada de ENCE da ría de Pontevedra como paso previo necesario para crear emprego na comarca.

A número 1 ó Congreso pola provincia de Pontevedra, Alexandra Fernández, asegurou que “estamos a vivir unha nova reconversión silenciosa do sector industrial na provincia”. Alexandra, que se reuniu a semana pasada cos traballadores do sector da automoción de Vigo, dixo que “as axudas ó sector deben estar vinculadas  á permanencia e ao mantemento das condicións laborais, algo que non acontece na actualidade.”

Para Yolanda Díaz, número 2 pola provincia da Coruña, vivimos nun país no que un de cada tres persoas está no desemprego e non teñen ningún tipo de protección social, no que dende que goberna Alberto Núñez Feijóo se destruiron 130 mil postos de traballo, o 26% dos postos de traballo da industria. E En Marea no seu programa o que di é que o central é mudar o modelo produtivo. Ou o cambiamos e avanzamos cara a unha economía real ou non vai haber posibilidade de xerar emprego, pedimos a derogación dasreforma laborais, tanto a que aprobou o PP coma a que aprobou o PSOE. Queren facer con nós todo o que lle dá a gaña. En Marea queremos derogar estas normas que causan pobreza, subir o salario mínimo interprofesional”, reivindicou Yolanda.

O acto tamén contou coa presenza do deputado Juan Fajardo que dixo que En Marea ten que gañar para que se fagan políticas de emprego de calidade. Imos facer todo o posible para que as nosas deputadas sexan capaces de derogar o proxeco de Lei de Acuicultura de Galicia, que destruirá moitos postos de traballo no sector pesqueiro para criar salmón transxénico norteamericano.

PRENSA EN MAREA