En Marea chama ás inscritas a participar nas primarias que se desenvolverán na fin de semana

Anima a votar no proceso que se abrirá o venres 8 e que rematará o domingo 10 de marzo, e do que sairán as candidaturas para as vindeiras eleccións xerais e europeas
Publicado por o día 05/03/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea chama ás inscritas a participar nas primarias que se desenvolverán na fin de semana

En Marea fai un chamamento para que todas as persoas inscritas se pronuncien e tomen parte activa no proceso de primarias que se desenvolverá a vindeira fin de semana. Dende o venres 8 ás 9:00 ata o domingo 10 de marzo ás 23:59 estarán abertas as votacións para o deseño das candidaturas coas que a formación concorrerá ás próxima eleccións xerais e europeas. A elección realizarase empregando o sistema de preferencia Borda, segundo o cal cada inscrita poderá pronunciarse sobre o posto que as distintas candidatas ocuparán nas listaxes definitivas que se presentarán ao Congreso dos Deputados, ao Senado e ao Parlamento Europeo.

En Marea presentou este martes ás integrantes das candidaturas que participarán no proceso de primarias previo aos próximos comicios xerais e europeos. A formación confía en que as inscritas se pronuncien de xeito masivo para decidir a orde dos listados para as eleccións que se celebrarán nos vindeiros meses de abril e maio. Un proceso electoral ao que a formación aspira a chegar cunha candidatura “froito da cooperación, que dea mostra do seu carácter plural e transversal”, tal e como destacou a candidata pola Coruña ao Congreso, Ana Seijas. Quen incidiu na necesidade de participación para conseguir levar a voz da xente da rúa ás institucións” a través dun proxecto “100% galego, sen tutelas, de país. Non queremos que ninguén decida por nós. Queremos decidir dende Galicia para Galicia”, afirmou.

A candidata ao Congreso por Pontevedra, Iris Malvido, destacou a actual posición de En Marea como segunda forza política en Galicia. Unha situación que a viguesa ve necesario aproveitar para impulsar políticas que permitan reverter a complicada situación socioeconómica, a precariedade e as estadísticas desoladoras que afectan especialmente a mulleres e mocidade. “Temos todo na nosa man para cambiar a situación, poñer o Congreso e o Senado patas arriba e poñer toda a enerxía e creatividade ao servizo da mocidade, dos maiores, dunhas pensión dignas e dunha sanidade e educación públicas de calidade”.

Tamén o candidato ourensán ao Senado, Millán Brea, incidiu na necesidade de traballar para reverter o elevado índice de emigración xuvenil, así como o avellentamento que afecta ao conxunto da Comunidade e que ten especial incidencia na súa provincia. “É momento de recuperar a ilusión. O Senado non pode ser o premio para a xente que leva anos en política, senón unha cámara activa” ao servizo da cidadanía, indicou.

Pola súa banda, a lucense Critina Pérez Herraiz puxo o foco na necesidade dunha maior interrelación entre o municipalismo e a política de ámbito nacional. “O municipalismo non pode existir sen un proxecto nacional, e un proxecto nacional non pode existir sen o municipalismo”, indicou a candidata ao Congreso; que amosou a súa vontade de traballar para “trasladar as inquedanzas e as problemáticas do día a día á Cámara dos Deputados e impulsar políticas cercanas á cidadanía, que permitan recuperar os dereitos, as liberdades e o benestar perdido”.

Por último lembramos os nomes das candidatas que participarán neste proceso de primarias:

ELECCIÓNS EUROPEAS 2019

Cabeza de lista:

María Lídia Senra Rodríguez

CANDIDATURA:

Sandra Pesqueira Pérez (MARIN – PONTEVEDRA)

Xoán Hermida González (PONTEVEDRA)

Celsa González Ogando (SANTIAGO – A CORUÑA)

José Manuel García González (RAIRIZ DE VEIGA – OURENSE)

Olga Otero Gómez (CHANTADA – LUGO)

Xabier Janeiro Cortés (BETANZOS – A CORUÑA)

María José Conde Seguín (OURENSE)

Orlando Gregorio Álvarez Álvarez (FOLGOSO DO COUREL -LUGO)

Davide Rodríguez Estévez (MANZANEDA – OURENSE)

SUPLENTES:

Sofía Abal Sanabria MARIN – (PONTEVEDRA)

Luz Marcos Buján OLEIROS – (A CORUÑA)

Benjamín Balboa Cereijo (SAMOS – LUGO)

Pila Saavedra Codesido (MONFORTE – LUGO)

María Estefanía Otero Rivas (FOZ – LUGO)

ELECCIÓNS XERAIS 2019

LISTAXE A CORUÑA

CONGRESO

Ana Seijas Baranauskas

Francisco Casal Vidal

María Chao Martínez

Adrián Dios Vicente

Carmen Fernández Ríos

Carlos Neira Suárez

Alba Nogueira López

Daniel Oca González

SENADO

María Dolores Candedo Gunturiz

Xosé Manuel Pérez Sardiña

Eva López Soto

Pablo Meira Cartea

LISTAXE LUGO

CONGRESO

María Cristina Pérez Herraiz

Javier Arca Uria

María Teresa Burgo García

Iván López López

SENADO

María Victoria Esteban Riesco

Manuel Germade Mayo

María Emma Rodríguez Blanco

Jose Carlos Baliñas Pérez

LISTAXE OURENSE

CONGRESO

Iván Olmos Ferreiro

Iolanda Pérez Docampo

Jorge Vázquez Rodríguez

Sonia Couso Fernádez

SENADO

Milán Brea Castro

Ana García Earley

Jorge Lorenzo Vila

María Isabel Fernández Suevos

LISTAXE PONTEVEDRA

CONGRESO

Iris Malvido Lago

Manuel González Moreira

María del Carmen (Peque) González

Eladio Juan Torres Castro

María del Mar Blanco Casais

Gaspar Antonio González Somoza

María Teresa Pérez González

SENADO

María del Carmen (Mari) Camiña Vázquez

Xulio Villanueva González

Silvia Díaz Iglesias

Xoan Lois Vila Pinel

O vindeiro luns, 11 de marzo, daranse a coñecer os resultados definitivos.