En Marea colócase como “parte activa” na negociación para botar a ENCE da Ría de Pontevedra

As deputadas e deputado por Pontevedra no Congreso e no Parlamento e a senadora de En Marea apelan á responsabilidade do Goberno do PSOE para que remate dunha vez co mantemento ilegal de Ence na ría á marxe de resolucións xudiciais.
Publicado por o día 24/09/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea colócase como “parte activa” na negociación para botar a ENCE da Ría de Pontevedra

As deputadas e deputado por Pontevedra no Congreso e no Parlamento, Ángela Rodríguez, Marcos Cal e Julia Torregrosa, así como a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, mantiveron este luns unha xuntanza e deron unhas declaracións para valorar a situación de ENCE e presentar as propostas de En Marea no marco das negociacións co Goberno.

“Esta é unha das demandas que En Marea está facendo ao novo Goberno. Estamos plantexando diversas cuestións no marco dunha axenda galega, na que ENCE vai ser un tema crucial que se tratará nunha comisión bilateral que iniciará cunha reunión coa ministra Batet”, asegurou a deputada Ángela Rodríguez, que matizou que outros temas “cruciais” para Galicia e para Pontevedra como a AP-9 tamén se abordarán nesta comisión bilateral.

“No caso de ENCE temos que chegar a un acordo. Temos un panorama novo, teñen a obriga de sentarse a falar para atopar unha solución. Pensamos que podemos chegar a un acordo, En Marea é parte activa na negociación para botar a ENCE da Ría”, asegurou a deputada.

Pola súa banda, o deputado Marcos Cal fixo un chamamento á coherencia da Xunta de Feijóo.

“A Xunta foi cómplice necesaria en todos os procesos da reforma da lei de costas e da prórroga ilegal. No 2012 Feijóo dixo que se resultaba elexido trasladaría ENCE. A súa ubicación non é beneficiosa para a Ría. As directrices de ordenación do territorio non permiten que a fábrica siga nesta ubicación. Feijóo debe respectar a normativa e debe ser coherente co que prometían”, explicou.

A senadora Vanessa Angustia insistiu en que a prórroga a ENCE “é ilegal” polo que instamos ao PSOE a subsanar este erro porque “un Goberno non pode evitar a sua responsabilidade e non pode agochar un erro político nin anos de corrupción do PP”.

Angustia lembrou que no Senado a ministra dixo que o Goberno “non tiña pensado levar a cabo ninguna medida para reverter a prórroga ilegal”.

“Os permisos seguen en dúbida e as obras que a fabrica se comprometeu a facer ainda non teñen licencias municipais e o computo total de anos vulneraría a Lei de Patrimonios”, explicou.