En Marea comprométese a traballar para impulsar a aprobación de leis Trans e LGTBIQ

A formación mantuvo un encontro con persoas LGTBIQ para recoller as necesidades e petición deste colectivo.
Por o 24/04/2019 | Sección: En Marea,Galicia,Política
En Marea comprométese a traballar para impulsar a aprobación de leis Trans e LGTBIQ

En Marea traballará para impulsar o desenvolvemento de leis trans e LGTBIQ e para rematar coas problemáticas que afectan a este colectivo.

O voceiro Luís Villares e as candidatas Iris Malvido e Jorge Lorenzo mantiveron un encontro en Pontevedra con representantes deste colectivo para recoller as súas aportacións e presentar as propostas de En Marea, como explicou Malvido.

“No ano 2014 a lei LGTBI aprobada en Galicia foi unha oportunidade de recoñecer dereitos a toda a comunidade. Lamentablemente o balance é moi pobre. Quedou por desenvolver praticamente todo o contido da lei”, denuncia Villares. Que lembrou que aínda segue pendente de desenvolver un protocolo específico contra o bullyng no ámbito escolar, “o que dá lugar a unha incapacidade dos centros escolares á hora de abordar e solucionar os problemas”.

Entre as medidas propostas por En Marea figura tamén a creación de unidades sanitarias capaces de atender aos menores trans, que se atopan cun sistema que non está preparado para facelo. “O SERGAS debe asumir de forma inmediata o cambio de sexo como unha operación incluída dentro do catálogo de prestacións sanitarias, e sen burocracia”, reivindica o voceiro.

“Precisamos apostar por campañas de concienciación social”. Esta foi outra das demandas feitas por Luís Villares. “As administracións teñen que adoptar unha posición activa e favorecer a visibilización, porque moitas veces o rexeitamento ten que ver co descoñecemento”, asegurou o voceiro. Que tamén propuxo a aprobación de normas que recollan a non discriminación específica contra o colectivo LGTBI. “Existe a prohibición contra a discriminación por sexo e hai que abordar esta nova dimensión que ata agora estivo oculta”, incidiu o voceiro de En Marea.

Aura Leirós, representante do colectivo trans, reiterou a necesidade da aprobación dunha Lei trans “ante a ameaza dos populismos” e denunciou o feito de que “as institucións non están preparadas para as persoas LGTBi”. Leirós denunciou específicamente as medidas que defenden algúns colectivos de suprimir as intervencións de cambio de sexo. E lembrou a elevada taxa de suicidios e asasinatos de persoas trans no estado español e a necesidade de que as institucións impulsen medidas que contribúan a atallar esta problemática.

Comentar noticia

Your email address will not be published.