Trala agresión sufrida esta tarde en Pontevedra polo candidato do Partido Popular á presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, En Marea quere manifestar a súa rotunda condena contra este e calquera outro acto que empregue a violencia como medio.
Dito isto, tamén queremos expresar a nosa repulsa polo tratamento que un xornal de tirada estatal deu nun primeiro momento a esta información, vinculando tendenciosamente e sen ningún tipo de rigor o agresor con En Marea. A rectificación desta información falsa horas máis tarde non repara o dano político causado e pón en entredito a suposta profesionalidade do medio.
Perante a violencia e a criminalización informativa, En Marea é concordia, diálogo e cambio dende a alegría.
PRENSA EN MAREA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.