En Marea condena calquera forma de violencia e mostramos a nosa máis fonda repulsa polo acontecido na sede da Marea Atlántica

Publicado por o día 26/05/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea condena calquera forma de violencia e mostramos a nosa máis fonda repulsa polo acontecido na sede da Marea Atlántica

Desde En Marea condenamos calquera tipo ou forma de violencia. Exercela en democracia degrada as condicións nas que deben solventarse as diferenzas políticas. Para nós o diálogo é o camiño, pois a violencia só chama por máis violencia. Por iso expresamos a nosa fonda repulsa ao acontecido no local da Marea Atlántica. En democracia as agresións a espazos ou partidos políticos non son tolerables, só desde o respecto mutuo poderemos avanzar nos valores do republicanismo.