En Marea considera positivo un novo goberno e pide que demostre o seu carácter progresista ampliando libertades e atendendo a Galicia

A formación lamenta o tempo perdido desde o pasado mes de abril en argumentos fundamentales como as liberdades, a igualdade e as necesidades do país
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea considera positivo un novo goberno e pide que demostre o seu carácter progresista ampliando libertades e atendendo a Galicia

En Marea considera positivo que PSOE e Podemos acadasen un acordo tan áxil para a formación un goberno de progreso, pero lamenta os seis meses completamente perdidos e unha repetición electoral que só serviu para que a extrema dereita se aproveitase dun voto de castigo aos responsables desa situación. En Marea entende tamén que este novo goberno de coalición deberá demostrar canto antes o seu carácter “progresista” tomando medidas que amplíen os dereitos sociais e as liberdades da cidadanía. O voceiro de En Marea, Luís Villares, preguntouse se para chegar a esta solución “era necesario unha repetición electoral e o ascenso da ultradereita para que volvese o sentidiño”.

Neste sentido, faise urxente que o novo goberno asuma como prioritarias a recuperación plena da liberdade de expresión mediante a derrogación da lei mordaza, e rematar coa ditadura da precariedade, coa derrogación das últimas reformas laborais. Villares sinalou que son “necesarias medidas contundentes para a recuperación das liberdades públicas”.

En Marea considera imprescindible unha axenda democrática e progresista que atenda a emerxencia feminista, combatendo a desigualdade entre mulleres e homes, a emerxencia climática, abordando a descarbonización da economía mediante unha transición industrial xusta para Galicia, e a emerxencia social, blindando servizos básicos como sanidade, educación e pensións, nun contexto de creación de emprego de calidade.

En Marea tamén esixirá ao novo goberno do Estado e ás forzas que o apoien que cambien a súa política orzamentaria con Galicia, asegurando uns investimentos suficientes para acadar o desenvolvemento socioeconómico sostible e a cohesión territorial de Galicia, evitando que o noso País siga a ser a fábrica de parados na que nos sumiron as políticas do Partido Popular.

Comentar noticia

Your email address will not be published.