En Marea considera que non se pode dar nin un paso atrás nos avances conseguidos polo feminismo

Ana Seijas, vicevoceira de En Marea, adianta que a vindeira mobilización do venres demostrará unha vez máis a forza do feminismo
Publicado por o día 04/03/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea considera que non se pode dar nin un paso atrás nos avances conseguidos polo feminismo

En Marea considera un novo éxito do feminismo a manifestación celebrada en Lugo e adianta que as folga feminista convocada para o vindeiro día 8 de marzo será “outra demostración do imparable que é feminismo”. Minutos antes do comezo da manifestación, a vicevoceira de En Marea, explicou que neste momento “que parecen ameazados os avances realizados polas mulleres nos últimos anos”, é cando se fai máis necesario insistir en que “non admitiremos ningún paso atrás”.

Ana Seijas explicou que En Marea apoia todas as mobilizacións que apoien os dereitos das mulleres. Precisou a vicevoceira que “cada vez que hai unha crise os primeiros dereitos que se poñen en dúbida son os das mulleres, nunca están completamente asegurado”. Seijas sinalou que a mobilización de hoxe é “un paso adiante para dicir basta xa con limitar ás mulleres” e engadiu que o movemento feminista é “plurar e transversal e quen estea tentando enfrontar ás feministas ou retrasar os dereitos das mulleres non van conseguilo e nós non daremos ningún paso atrás”.

Ana Seijas apuntou que seráns as “mulleres as que consigan que como sociedade poidamos avanzar e estamos en Lugo para reivindicalo, para avanzar como país, e para dicir que estamos camiñando xuntas como mulleres e como feministas”.

O vicevoceira de En Marea animou a secundar o vindeiro venres a folga feminista da que adiantou que será outra demostración da forza que ten o movemento feminista.