En Marea considera que os partidos pequenos serán chave para derrotar a Feijóo nas próximas autonómicas

Villares asegurou que os votos de “En Marea serán chave para un cambio progresista en Galicia”
Publicado por o día 15/02/2020 na sección de En Marea,Política

En Marea considera que os partidos pequenos serán chave para derrotar a Feijóo nas próximas autonómicas

O voceiro de En Marea, Luís Villares, avanzou trala celebración do Consello das Mareas, cal é a posición da formación de cara á cita electoral autonómica do vindeiro 5 de abril. Villares apuntou que as enquisas ofrecían datos diferentes, pero en case todas “hai unha coincidencia: as forzas progresistas non suman para conseguir un cambio de goberno na Xunta de Galicia”. O voceiro apuntou que con esta dinámica “os partidos pequenos serán máis determinantes para conseguir sumar unha maioría progresista” e sinalou que os votos de En Marea poderían ser “chave” para un cambio de goberno en Galicia.

O voceiro de En Marea detallou na súa intervención que as enquisas coinciden nunha cousa “PSOE, Podemos e BNG non suman suficiente para que Feijóo perda a maioría absoluta”. Segundo Villares, esta situación implica que os votos de formacións como En Marea “serán chave para conseguir un cambio de goberno na Xunta”. Engadiu o voceiro que En Marea está disposta a chegar a acordos con outros partidos sempre que sexa en clave soberanista e progresista.

Luís Villares apunto tralo Consello das Mareas que partidos que ata hai pouco asegurban defender Galicia “puxeron por diante os intereses dos seus pactos sobre os intereses do país e isto é algo que En Marea non fixo nunca”. Villares lembrou que no asunto da recuperación do IVE que o goberno central adebeda a Galicia “o BNG votou co PSOE e Galicia quedou sen os cartos, é un erro grave para un partido que só mira por Galicia”. Neste sentido, Villares apuntou para En Marea, “os intereses de Galicia están sempre por diante e fomos demostrándoo en todas as ocasións”.

Segundo explicou Luís Villares, “En Marea traballa en conseguir un acordo con todas as forzas en clave soberanista, pero tamén coas mareas municipalistas”. Villares apuntou que se mantivo unha reunión con representantes de ata trinta mareas municipalistas chegando ao acordo da necesidade de traballar a favor tamén desde o municipalismo en conseguir un cambio na Xunta desde o municipalismo”.

Luís Villares explicou tamén que En Marea iniciará o seu proceso de primarias unha vez que se peche o prazo para que se poidan inscribir coalicións, a partir do vindeiro venres, cun calendario que se anunciará despois desa data.