En Marea considera unha tomadura de pelo a proposta da Mochila Austríaca

Publicado por o día 21/04/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea considera unha tomadura de pelo a proposta da Mochila Austríaca

En Marea participou no día de hoxe nun acto en O Porriño onde interviron a Eurodeputada Lidia Senra xunto coa coa concelleira de Salceda, Teresa Pérez, o concelleiro de Movemento Oia, Xoan Lois Vila, ¡presentado por Xosé M. Martínez Ojea, ex teniente alcalde de Mos, quen destacou na súa intervención a necesidade de que as galegas e galegos teñan voz clara que defenda os seus intereses nas cortes xerais do estado “como non teñamos forza propia en Madrid engánannos seguido” e a candidata número un polo provincia de Pontevedra, Iris Malvio Lago.

Lidia Senra centrou a súa intevención na urxencia de actuar para frenar o cambio climático. “A xuven-tude esíxenos medidas urxentes”. Non temos dereito a entregarlle un planeta destruído. Son urxentes medidas para reducir drasticamente as emisóns de gases de efecto invernadoiro. A agroecoloxía, a relocalización de empresas, a comercialización en circuítos curtos, son algunha medidas urxentes a favor do clima e creadoras de emprego.

A candidata ao Congreso por En Marea expuxo o posicionamento totalmente contrario de En Marea ás reformas laborais, e moi concretamente á implantación do modelo de Mochila Austríaca pretendida pola dereita e coa que o PSOE leva anos tonteando, mesmo coa súa introducción, pendente de redac-ción, na reforma laboral de 2010. Agora plantexada no horizonte do 2020, tanto PSOE como a dereita española pretenden unha vez máis reducir a capacidade económica das traballadoras e traballadores cargando sobre eles as indemnizacións en caso de despedimento ou xubilación. Isto abre ademáis a porta a mercantilización do sistema de pensións. “O que pretende a dereita é o que os despedimentos saian gratis, e sexan pagados polos propios traballadore e traballadoras, que veremos mermandos os nosos salarios mensuais, mentres ao mesmo tempo abren a porta a negocios lucrativos coas nosas pensións. Isto sería pechar o círculo sobre o abaratamento dos despedimentos xa iniciados coas re-formas laborais e que nos están condenando a inestabilidade e a precaridade. Que a dereita utilice o concepto de mochila é unha metáfora de mal gusto, que significa cargar sobre as nosas espaldas a s nosas propias indemnización”.