En Marea consigue a comparecencia da ministra de Defensa para que dea contas sobre construción do estaleiro 4.0 Navantia en Ferrol

Publicado por o día 29/01/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea consigue a comparecencia da ministra de Defensa para que dea contas sobre construción do estaleiro 4.0 Navantia en Ferrol

En Marea conseguiu que se aprobase na Deputación Permanente a comparecencia da ministra de Defensa para que dea contas sobre construción do estaleiro 4.0 Navantia en Ferrol.

“Solicitamos a comparecencia da ministra ante un gran problema en Ferrol, pero particularmente pola construción das fragatas e o estaleiro 4.0, que terá un impacto forte na construción de buques civis e militares”, asegurou a deputada, lembrando que o pasado luns a ministra visitou Ferrol e foi ela a que intruduce varias incógnitas: “dixo que a orde de execución vai a producirse en abril, mais aínda non aclarou que organo licitará a execución do estaleiro 4.0”.

Díaz tamén lembrou que a construción das fragatas require dun novo espazo que aínda non está dispoñible. “É unha obra fundamental, se non se aclara que se vai facer podemos ter problemas que a cidade non quere”, afirmou.

“O problema actual é que parece que o Ministerio non quere adscribir a obra de construción do estaleiro 4.0 á defensa nacional, quédase adscrito á defensa nacional e así evita o trámite urbanístico ordinario e polo tanto poderíase executar o estaleiro. Por estas dúbidas que hai no ministerio, deberían dar explicacións. De non tramitarse por defensa nacional, sería tramitado como un proxecto sectorial de caracter supramunicipal. Queremos saber que órgano promoverá esta construción”, enfatizou a deputada.

Por este motivo En Marea solicitou a comparecencia da ministra, para saber se van adscribir o estaleiro á defensa nacional ou irán por unha vía supranacional: “Queremos saber que ministerio promoverá a súa execución, estamos desexando ver esta obra dunha vez por todas”, concluiu a voceira.

Comentar noticia

Your email address will not be published.