En Marea convida a todos os simpatizantes do espazo a participar mañá nos Encontros Provinciais e a decidir ás estratexias a seguir no Estado e en Europa

Villares destaca o caracter democrático da organización na que as decisións “non corresponden ás cúpulas, se non ás bases que sempre teñen a última palabra”
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea convida a todos os simpatizantes do espazo a participar mañá nos Encontros Provinciais e a decidir ás estratexias a seguir no Estado e en Europa

En Marea inicia mañá 29 de setembro o proceso participativo cos Encontros Provincias, tal e como acordou o Consello das Mareas. Unha xornada de debate e reflexión que se desenvolverá simultaneamente en Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra e na que todas as persoas inscritas decidirán por consenso as estratexias políticas do espazo no Estado e en Europa.

“Queremos abrir o espazo a todas as persoas que son quenes deciden, as que teñen a última palabra. E nestes encontros todos os participantes consensuarán as bases das estratexias de EM no Estado, trala moción de censura, e en Europa, e que formarán parte das teses que logo se debaterán no Plenario”, indicou Ana Seijas, vicevoceira de En Marea, durante a presentación hoxe dos Encontros Provincias no Hotel Compostela, na que estivo acompañado polo voceiro Luís Villares.

“Abrimos así un proceso participativo e democrático de abaixo a arriba no que son as bases as que constrúen as liñas políticas de En Marea”, insistiu Ana Seijas que aclarou que a dinámica dos Encontros consistirá no plantexamento de varias cuestións para que as persoas aporten as súas achegas e propostas e que logo serán consensuadas por todos.

No que atinxe á actuación de En Marea no Estado, “percibimos a curto prazo unha sensación de alivio na cidadanía, trala moción de censura que permitiu desprazar ao PP. E esa cidadanía depositou as súas expectativas en En Marea para que ese cambio sexa real e profundo”, explicou Luís Villares. Por iso mañá, EM testará esas expectativas, coas aportacións dos participantes que serán a base do funcionamento político do espazo no Estado. Villares aclarou nos Encontros Provincias consultarán ás persoas inscritas para poñer en marcha as reformas necesarias para que se cumplan as súas expectativas, en tres eixos: democrático, plurinacionalidade (reformas estructurais) e xustiza social,

Villares aclarou que o outro bloque temático que se plantexará será a concurrencia do espazo ás eleccións europeas, que serán as primeiras de En Marea desde que se constituiu.

“Queremos abrir a organización a todas as persoas, non só ás inscritas”, precisou o voceiro de EM que convidou a todos os simpatizantes a achegarse ás diferentes sedes e participar nestes Encontros.

“Somos un espazo no que a toma de decisións non corresponde ás cúpulas, se non ás bases que son as que teñen a última palabra. Non hai mellor exemplo democrático no noso país”, concluiu o voceiro de En Marea.

A xornada iníciase coa entrega das acreditacións nas distintas sedes (9:30 horas) e a partir das dez da mañá arrinca o debate e as reflexións que culminará, unha vez votadas todas as propostas, contra as dúas da tarde. As iniciativas que acaden un maior consenso trasladaranse ao Consello das Mareas para formar parte das teses que se debaterán no vindeiro Plenario de En Marea o 27 de outubro.