En Marea coordina coa Marea de Vigo a esixencia de fondos do Estado para mellorar a conexión ferroviaria da cidade olívica con Porto

Reclaman un Plan Estratéxico e financiamento adiccional para garantir unha infraestrutura “clave para a economía galega e o porto de Vigo”.
Por o 25/03/2019 | Sección: En Marea,Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
En Marea coordina coa Marea de Vigo a esixencia de fondos do Estado para mellorar a conexión ferroviaria da cidade olívica con  Porto
Compartir en:

Tras coñecer que a conexión ferroviaria de mercadorías Vigo-Porto non será incluída na Rede Básica Transeuropea, tanto En Marea no Parlamento como a Marea de Vigo no concello vigués esixiranlle ao Goberno do Estado unha liña de financiamento adiccional para mellorar esta conexión.

O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, e o vicevoceiro do Parlamento galego, Antón Sánchez presentaron esta mañá en rolda de prensa a moción que trasladarán ao concello de Vigo, na liña da presentada na Cámara galega. “Para a cidade de Vigo a conexión é prioritaria pois os fluxos loxísticos cara ao norte de Portugal son cada vez máis importantes”, sinalou Pérez, que lembrou ademais que “a conexión ferroviaria é o futuro e as grandes empresas se queixan de que a gran eiva que temos aquí é a infraestrutura ferroviaria”.

Para Antón Sánchez esta é cuestión fundamental para Vigo e para Galicia. “Potenciar a relación Galiza e Portugal é clave para todos aqueles que non teñen unha visión subordinada con respecto ao Estado español, coma o señor Feijóo”. O vicevoceiro do grupo parlamentario En Marea lembrou que o goberno socialista de Pedro Sánchez non incluíu dita conexión como prioritaria  na Rede Básica de Transpote, deixándoa na Rede Global. “Isto ten como consecuencia que descende o financiamento, a porcentaxe de investimento destinada aos proxectos, e aumenta o prazo de execución de 2030 a 250, ademais de dificultar a inclusión do porto de Vigo na Rede Básica de Portos Europeos”.

“Por unha decisión política do goberno socialista de apostar polo Corredor Mediterráneo marxinando a Galicia sumado ao desleixo máis absoluto de Feijóo con respecto a este problema” denunciou Sánchez, “apártasenos da posibilidade de acceder en mellores condicións ao financiamento de actuacións de modernización e mellora da competitividade”.

Para En Marea agora esa decisión xa non ten volta atrás, pero “habería que traballar xa en proxectos que compitan con outros proxectos europeos para conseguir o financiamento e un compromiso do goberno español para completar o investimento que perdemos de Europa por non facer ben eles o seu traballo”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.