En Marea: “cunha redución de case o 20% é inasumible dar o sí a estes orzamentos”

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, tamén presentou este martes no Congreso a reprobación da ministra de Industria, Reyes Maroto, pola mala xestión da situación de Alcoa.
Por o 15/01/2019 | Sección: En Marea,Política
En Marea: “cunha redución de case o 20% é inasumible dar o sí a estes orzamentos”
Compartir en:

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, compareceu este martes para marcar a posición de En Marea respecto do proxecto de orzamentos para 2019 que presentou o Goberno de Pedro Sánchez.

“Anunciamos que estamos moi lonxe de dar a aprobación a estes orzamentos. É clara a nosa vontade de negociar, pero agora non estamos a favor destas contas para Galicia”, explicou a deputada.

Díaz detallou que os Orzamentos que o Goberno presenta son “moi malos para Galicia” e colócanos na antepenúltima posición despois da Rioja, cunha redución do 20% no investimento, a un orzamento que xa o PP rebaixara sustancialmente. Ademais, reducen o fondo de compensación interterritorial. “É inasumible que En Marea de un si a estes orzamentos”, explicaron.

“Nós insistimos e decímoslle a Pedro Sánchez: así, non”, enfatizou.

A voceira lembrou que xa tiñamos a negociación aberta co Goberno nas diversas xuntanzas da Axenda Galega do Cambio, que agora está paralizada e que queremos retomar.

CARTA ÁS DEPUTADAS GALEGAS

Díaz explicou que En Marea veu ao Congreso a representar a Galicia, por iso remitimos unha carta ás deputadas galegas do PSOE e do PP na que pedimos unha xuntanza para falar da situación do investimento en Galicia.

ALCOA

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, tamén presentou este martes no Congreso a reprobación da ministra de Industria, Reyes Maroto, pola mala xestión da situación de Alcoa.

“Acabamos de presentar a reprobación da Ministra de Industria por ser insolvente para xestionar os problemas da industria do noso país. Levamos dous meses e medio sen respostas”, afirmou a deputada.

Díaz considera que “é intolerable” que aínda non recibira aos sindicatos e comités de empresa e ademais califica de “insulto” que o orzamento de enerxía reduza nos orzamentos a interrumpibilidade de 150 a 31 millóns.

A voceira de En Marea increpou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e preguntoulle se vai acabar coa indutria do noso país.

“Con estes orzamentos no só se vai cargar Alcoa, tamén Isowat e máis”, concluiu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.