En Marea defende no Congreso “botar a un Goberno sentenciado por corrupción” e pide a Sánchez mudar as políticas lesivas para a cidadanía galega

O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, defendeu o voto a favor do grupo nesta moción de censura que vai conseguir sacar da Moncloa a Rajoy, pero co “compromiso de rectificar as políticas que ata o de agora se estaban realizando en Galicia, de absoluto desleixo. Queremos un compromiso de investimento cos nosos sectores produtivos”.
Publicado por o día 01/06/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea defende no Congreso “botar a un Goberno sentenciado por corrupción” e pide a Sánchez mudar as políticas lesivas para a cidadanía galega

O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello,  defendeu este xoves o voto a favor do grupo nesta moción de censura que vai conseguir sacar da Moncloa a Rajoy.

“O noso respaldo total á moción de censura porque entendemos que é de obrigada razón cívico-política levar a cabo un exercicio de rexeneración democrática. Non se pode soster por máis tempo un partido no Goberno que foi sentenciado por corrupción, por financiación ilegal” , insistiu o deputado.

Fernán Vello interpelou a Sánchez no seu discurso para “abordar a situación do noso país, de Galicia” porque “o Goberno do PP ten prácticamente conxeladas as inversións do Estado en Galicia, nun estado de desleixo”, afirmou, lembrado o abandono das infraestruturas viarias ou ferroviarias, a conexión entre cidades, os trens de cercanías, etc.

“En Marea está, e queremos pensar que o señor Sánchez tamén, por revertir de xeito inmediato as políticas neoliberais dos “recortes”, no plano social, no sanitario, educativo, laboral, salarial, cultural, en materia de pensións, de vivenda, en vio-lencia machista…; temas todos fundamentais para nós, para as esquerdas construtivas, para as esquerdas progresistas”, insistiu o deputado.

“Non existen novos proxectos para Galicia, Rajoy e o PP mostraron o seu nulo compromiso tamén cos nosos sectores produtivos galegos, xa sexa no caso do agrogandeiro, lácteo,  pesca, ou na industria naval ou conserveira. Queremos un compromiso para mudar isto, e abordar outras cuestións como o sistema de financiamento, o problema demográfico ou o grave retroceso que sofre o galego”.

Por isto mesmo, o deputado celebrou a caída dun dos Gobernos “máis corruptos de Europa” e traballaremos para que haxa “cambios reais”.

“Isto non consiste en desaloxar a un Goberno para que todo siga igual”, concluiu.