En Marea demanda a Fomento a suspensión do proxecto de vial de acceso en Viascón (Cerdedo) porque empeorará a mobilidade na zona

A deputada Alexandra Fernández mantivo un encontro con veciños da parroquia que sempre se opuxeron a esta actuación que non foi froito de ningunha demanda.
Publicado por o día 11/09/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea demanda a Fomento a suspensión do proxecto de vial de acceso en Viascón (Cerdedo) porque empeorará a mobilidade na zona

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, diríxese ao Ministerio de Fomento para demandarlle que abandone definitivamente o proxecto de vial de acceso á parroquia de Viascón (Cerdedo) incluido no marco do plan de reforma da N-541, porque “empeoraría a mobilidade nesta parroquia”.

Ademais, explica que non resposta a ningunha demanda da veciñanza. A deputada subliña que en decembro de 2015,  Fomento publicaba no BOE a licitación da mellora da N-541 con actuacións en Pontevedra, Cotobade e Cerdedo, que inclúe a vía de servizo en Viascón. Este proxecto paralizárase no seu momento, mais neste mes de agosto voltou a preocupación debido ás cartas que recibiron de Fomento convoncando aos propietarios dos terreos ao acto de sinatura previo á expropiación.

Fernández visitou a parroquia de Viascón e mantivo un encontro con veciños e veciñas que lle trasladaron a súa frontal oposición a unha actuación que afectaría á súa parroquia pola idea de construir unha vía lateral de servizo.

“O plan consistiría na instalación dunha mediana horizontal na calzada cun carril de incorporación e dotación dunha vía lateral de servizo, algo que os habitantes da zona consideran innecesario. Alegan que xamáis denunciaron problemas neste punto”.

Segundo rgumentan, co límite de velocidade a 50 km, nunca sufriron situación de perigosidade, ademais de que xa contan cun carril de incorporación longo. O vial proxectado “suporía a segregación da parroquia, ademais de eliminar o único cambio de sentido, obrigándolles a percorrer 6 km para poder facer o cambio”.

Unha obra innecesaria

Fernández asegurou non entender como “con tantas obras urxentes aínda pendentes, algunhas con enorme demora, non entendemos que o Ministerio de Fomento se empeñe nunha actuación innecesaria, cuestionada e que sempre contou coa fronta oposición dos veciños e das veciñas de Viascón”, afirma Alexandra Fernández.

“É un despilfarro que empeorará a mobilidade na parroquia, razón pola que reclama a Fomento que abandone esta actuación e escoite a veciñanza”, engadiu.

“Vai o Ministerio a cancelar este proxecto? É consciente de que conta co total rexeitamento por parte dos veciños?”, pregunta Fernández.