En Marea demanda ao Goberno que retire da fachada do Pazo de Xustiza de Pontevedra o escudo con simboloxía da ditadura franquista

Alexandra Fernández apela á necesidade de cumprir a Lei da Memoria Histórica, o artigo 15.1, que establece que “os escudos, insignias, placas e outros obxetos ou mencións conmemorativas de exaltación do levantamento militar, da represión ou da ditadura deberán ser retirados”
Publicado por o día 27/07/2018 na sección de En Marea,Galicia,Política,Pontevedra

En Marea demanda ao Goberno que retire da fachada do Pazo de Xustiza de Pontevedra o escudo con simboloxía da ditadura franquista

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandarlle ao Ministerio de Xustiza que retire da fachada do Pazo de Xustiza de Pontevedra o escudo con simboloxía da ditadura franquista presente no Pazo de Xustiza de Pontevedra.
Cúmprase a vixente Lei da Memoria Histórica.

A parlamentar de En Marea alude á necesidade de cumprir o artigo 15.1 da vixente Lei da Memoria Histórica que establece que os escudos, insignias, placas e outros obxetos ou mencións conmemorativas de exaltación do levantamento militar, da represión, ou da propia ditadura deberán ser retirados dos edificios e dos espazos públicos”.

Alexandra Fernández afirma que “nun momento no que o actual Goberno anunciou a retirada dos restos do ditador do Val dos Caídos, e incluso avanzou unha posíbel modificación da Lei da Memoria Histórica, sería importante que tomase nota de todos aqueles aspeitos que non se están a cumprir da vixente normativa e proceder a efectivizala”. Lembra que aínda queda por todo estado e en Galicia, simboloxía franquista que “non debería pervivir nun periodo democrático. É hora de acadar a normalidade democrática”.
Razón pola que pide ao Goberno que canto ante faga cumprir a lei e elimine a simboloxía da ditadura que pervive de xeito anormal.

Una respuesta para "En Marea demanda ao Goberno que retire da fachada do Pazo de Xustiza de Pontevedra o escudo con simboloxía da ditadura franquista"

  1. Gamela   28/07/2018 at 11:07

    mentras a Cruz de Abel ninguén a retira !!!
    https://flic.kr/p/27eYtpj