En Marea demanda ao Goberno un orzamento suficiente para desenvolver con eficacia as medidas contra a vespa velutina

A deputada Alexandra Fernández traslada ao Ministerio as oito propostas do sector da apicultura e demanda un maior compromiso na loita contra o avispón asiático que xa provocou en Galiza tres mortes, perdas socioeconómicas e danos no medio ambiente.
Publicado por o día 19/07/2018 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea demanda ao Goberno un orzamento suficiente para desenvolver con eficacia as medidas contra a vespa velutina

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha proposición non de lei na Cámara que traslada ao Ministro de Agricultura, Luis Planas, a necesidade de adoptar canto antes oito medidas para loitar con eficacia contra ao Avispón Asiático ou Vespa Velutina, que en Galiza xa se cobrou tres vidas ademáis de provocar un enorme dano medioambiental e socioeconómco no sector da apicultura.
As medidas propostas por En Marea están coordenadas e abordadas co sector da apicultura grande coñecedor da problemática.
Fernández demándalle a Luis Planas a aprobación dun orzamento suficiente para desenvolver con éxito as ferramentas de control do avispón asiático. Polo miúdo, a parlamentar de En Marea pide que se desenvolva e coordine un Plan de trampeo xeralizado en todas aquelas zonas con presenza da vespa velutina durante a primavera e o outono, partindo das propostas do sector apicultor e dos investigadores.

Programas de Investigación, axudas económicas e campañas de información destinadas á poboación
A deputada de En Marea pón sobre a mesa a necesidade de artellar e financiar Programas de Investigación aplicada dirixidas á obtención de atraentes específicos, como por exmplo as feromonas, para a súa utilización na técnica de trampeo, e conseguir a captura das raíñas fundadoras do avispón asiático sen capturar outro tipo de especies autóctonas beneficiosas e aminorando o impacto ambiental.

Solicita En Marea un sistema de axudas económicas que permita paliar as perdas e gastos ocasionados nas explotacións apícolas. Considera importante que se establece un diálogo fluido entre o Grupo de Traballo de Especies exóticas invasoras e o Subgrupo de traballo do avispón asiático, actualizando as medidas de xestión. Outra das propostas é que se desenvolva un Plan coordinado de aplicación uniforme de todas as medidas de xestión através de constante comunicación coas CC.AA e o Ministerio.

Salienta a necesidade de incorporar as actuacións sobre a Vespa velutina no Plan de Acción nacional para a conservación dos polinizadores en liña coas obrigas previstas pola Coalición Internacional de conservación dos polinizadores na que está integrado o estado español.

Por último, traslada Alexandra Fernández ao Ministro a importanza de levar a cabo unha campaña de información e divulgación en relación ao avispón asiático para lograr unha maior conciencia e tamén proteción da poboación.