En Marea demanda no pleno a paralización do ERE de Alcoa ante os traballadores que asistiron a tribuna

Por o 31/10/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea demanda no pleno a paralización do ERE de Alcoa ante os traballadores que asistiron a tribuna
Compartir en:

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, preguntou este mércores no pleno á ministra de Industria, Reyes Maroto, pola situación de Alcoa e pediu a paralización absoluta do ERE.

“Pedimos ao Goberno que defendan aos traballadores de Alcoa e ás súas familias. Asturias e Galicia están en pé, non piden boas palabras, piden que exerzan como Goberno progresista que lle pranten cara a unha multinacional. Basta xa de empresas que deixan tiradas ás nosas comarcas”, asegurou Díaz no pleno.

A deputada explicou que durante décadas “tivemos unha política industrial nula” porque a liña durante moito tempo “foi unha renuncia á política industrial propia, claudicación ante multinacionais e abandono aos traballadores”.

Ante esta situación, a deputada insistiu en que desde En Marea pedimos “o levantamento do ERE aos traballadores” porque “mentres se negocia non pode haber ERE”.

Ademais, Díaz insistiu en que Alcoa “actúa como monopolio” e a Constitución “permite intervir na empresa cando se producen este tipo de comportamentos”.

En Marea quere que “actuemos con todas as nosas armas para enfrontarnos ás multinacionais” e fagamos “unha política industrial para o noso pobo”.

A deputada rematou a súa intervención mirando para os traballadores, que se atopaban na tribuna, e esixindo que “Alcoa non se pecha”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.