En Marea denuncia a nula vontade da Xunta para mellorar as condicións dos traballadores do 061

A deputada Eva Solla denuncia o traslado forzoso da sede á Estrada e a ausencia de recursos suficientes despois de participar na mobilización convocada pola plantilla
Publicado por o día 10/09/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea denuncia a nula vontade da Xunta para mellorar as condicións dos traballadores do 061

En Marea critica a inexistente vontade da Xunta de Galicia de negociar para chegar a acordos que redunden nunha mellora do servizo que presta o 061, así como das condicións dos seus traballadores. Denúnciao a deputada Eva Solla, que este luns á mañá participou na concentración convocada polo persoal para denunciar o seu traslado forzoso á nova sede da Estrada.

“Levamos tempo denunciando a ausencia de recursos suficientes, así como as condicións nas que se está a traballar”  o persoal do 061, “e continuarems apoiando as mobilización destas e destes profesionais”. Son palabras de Eva Solla, que ante a inaceptable actitude da administración ante as reclamacións e a convocatoria de folga volverá levar o tema ao Parlamento de Galicia.

En Marea denuncia a actitude obstaculizadora e as tentativas de boicot da Xunta de Galicia a esta folga. E é que, se en convocatorias anteriores a administración autonómica tentou poñer trabas ás reclamacións dos traballadores públicos impoñendo servizos mínimos abusivos, de ata o 100%, desta volta optou por non comunicalos ata despois de iniciada a convocatoria de paro. Algo que, tal e como remarca a deputada de En Marea, é ilegal.

“En anteriores ocasións impuxéronse servizos mínimos abusivos encamiñados a impedir a participación do persoal nunha folga totalmente lexítima. E hoxe volveu darse unha situación moi irresponsable por parte da Xunta, porque a pesar de estar convocada esta folga en tempo e forma a administración non comunicou os servizos mínimos, e só despois de iniciada a convocatoria estes foron marcados. Algo que non é legal, pois tiñan que ter sido publicados previamente,  e que fixo que esta mañá os traballadores, por responsabilidade, decidisen manter por iniciativa propia unha serie de servizos mínimos para garantir á cidadanía un servizo esencial como o 061”.

Eva Solla lamenta igualmente a nula vontade de negociación da Consellería de Sanidade. “A pesar d eque xa vivimos unha folga indefinida polo traslado do 112m a Xunta de Galicia parece non ter aprendido absolutamente nada, e en vez de tentar negociar para que non se chegue a unha nova folga e resolver da maneira máis axeitada para todos o traslado do 061 á Estrada, decide efectualo sen ningún tipo de negociación”, denuncia a deputada de En Marea. Que lembra ademais que, nos escasos contactos mantidos non foi posible conseguir ningún avance significativo, pois o goberno galego “non se moveu nin un milímetro”.

“Acontece o mesmo que pasou co Servizo de Emerxencias, e están a deixar de xeito irresponsable que o persoal se vexa na tesitura de ter que decidir se secunda ou non a convocatoria de folga”, critica Solla. Que reitera o apoio de En Marea ás reclamacións dos traballadores 061 e do Grupo Norte que reivindican unhas condicións dignas no traslado do persoal que a Xunta efectúa de xeito unilateral.