En Marea denuncia o “ataque de Fenosa e Iberdrola” contra os consumidores galegos coa complicidade dos Gobernos de Rajoy e Feijóo

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado Francisco Casal, responsabilizaron ao Partido Popular de que as galegas e galegos vaian ter que pagar case 40 millóns de euros máis pola “inacción, incapacidade e dilación” da Xunta de Galicia.
Publicado por o día 06/08/2018 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea denuncia o “ataque de Fenosa e Iberdrola” contra os consumidores galegos coa complicidade dos Gobernos de Rajoy e Feijóo

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado Francisco Casal, acusaron en rolda de prensa ao Partido Popular de ser o verdadeiro responsable de que os galegos e galegas vaiamos ter que pagar 37,7 millóns de euros máis a partir do setembro co novo incremento no recibo da luz polo sobrecargo autonómico nas peaxes.

Antón Sánchez esixiu que este imposto non se aplique en Galicia xa que “sería unha dupla estafa cunha sobrecarga na factura dos consumidores e o unha baixada da recadación a través dos impostos ás grandes empresas de enerxía eléctrica e térmica”. “Galicia non pode especializarse en enerxía eléctrica ter que soportar ademais un castigo para os petos das galegas e galegos” declarou Sánchez.

O deputado Francisco Casal asegurou que esta carga que se terá que soportar en Galicia non ven, como quere facer pensar o PP, a causa dunha sentenza xudicial senón que ven da aplicación dun decreto Lei elaborado polo goberno do Estado do Partido Popular. “Agora toca pagar aos cidadáns a inacción e incapacidade e dilación da Xunta que pese a que En Marea advertiu e pediu que se actúase optaron por dicir simplemente que non ía saír adiante” lamentou Casal.

“Estamos ante un ataque de Fenosa e Iberdrola contra os consumidores galegos permitido pola Xunta de Galicia” denunciou o deputado de En Marea. Lembrou que os propios recargos selectivos demostrouse xa que ían contra á Constitución pero a Lei continúa a ser unha espada de Damocles para os consumidores galegos. “En contra da lóxica e do que acontece en todo Europa, aquí quen contamina cobra e lugar de pagar” afirmou.

O grupo parlamentario de En Marea aproveitou ademais para facer un chamamento ao novo goberno do PSOE no Estado a acabar con esta inxustiza e cumprir coas  propias iniciativas que presentaron cando estaban na oposición. “É o momento de demostrar que están dispostos a desmontar a estafa das grandes compañías eléctricas e térmicas e agora contan con todas as ferramentas necesarias para poder facelo” aseguraron Antón Sánchez e Francisco Casal.