En Marea denuncia o cambio de opinión da Xunta que tras vender uns helicópteros como obsoletos os aluga agora como “vangarda tecnolóxica”

A vicevoceira de En Marea, Carmen Santos, preguntou en comisión polos motivos da venda dos helicópteros e as contradiccións que están a manter.
Publicado por o día 27/04/2018 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea denuncia o cambio de opinión da Xunta que tras vender uns helicópteros como obsoletos os aluga agora como “vangarda tecnolóxica”

O grupo parlamentar de En Marea, a través da súa deputada e vicevoceira no Parlamento, Carmen Santos, preguntou a María Isabel Concheiros, secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, pola prestación do Servizo de seguridade mariña con uns helicópteros que tiñan declarados obsoletos no ano 2012.

Ademáis, Santos preguntou á representante da Xunta polos motivos da venta dos helicópteros e as contradiccións que estaba a manter na actualidade a secretaria da Consellería, negando argumentos defendidos polo Partido Popular incluso en sede parlamentaria.

Carmen Santos afirma que todos os argumentos mantidos polo Partido Popular ata o día de hoxe para defender a venta dos helicópteros son unha mentira,  porque “non nos libramos do monopolio, a empresa é a mesma e as máquinas tamén”. Para a deputada trátase dun negocio “ruinoso” que emprega os mesmos medios que “se antes estaban obsoletos, hoxe, sete anos despois, peor”, conclúe.

En Marea sostivo a necesidade de garantir a seguridade dos mariñeiros e das mariñeiras no mar. Por isto, En Marea reclama explicacións sobre os contratos da Xunta neste asunto e esixe á Xunta que non poña en risco a seguridade da cidadanía.