En Marea denunciará en pleno a resposta “soberbia, de desprezo e insensibilidade absoluta” do PP á morte dunha persoa no PAC da Estrada este verán

O vicevoceiro no Parlamento, Antón Sánchez, anunciou a pregunta ao presidente do seu grupo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo sobre as dramáticas consecuencias dos recortes en sanidade
Publicado por o día 04/09/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea denunciará en pleno a resposta “soberbia, de desprezo e insensibilidade absoluta” do PP á morte dunha persoa no PAC da Estrada este verán

O vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, cualificou de “intolerable e inxustificable” a actitude do Partido Popular ante o gravísimo feito acontecido este verán no PAC da Estrada coa morte dunha persoa asfixiada sen asistencia médica. “Estás son as consecuencias das políticas de recortes e austericidas do PP en Galicia” salientou Sánchez aclarando que “o PP non pode dicir que non estaba avisado” despois de todos estes anos de denuncia tanto por parte da oposición, como do profesionais sanitarios, como da propia cidadanía. Pese a isto. “o PP actuou cunha soberbia, desprezo e insesibilidade absoluta”, algo que repetiuse na xunta de voceiros desta mañá coa negativa do grupo popular a aceptar a petición de comparecencia do conselleiro de Sanidade para dar conta deste grave feito. O grupo de En Marea presentará de todos xeitos unha interpelación para que o goberno dea explicacións pola redución de persoal dos servizos mínimos neste verán.

Outro dos temas que En Marea levará ao primeiro pleno do período de sesións será a manipulación informativa nos medios públicos en Galicia. “O PP non contento con manipular, privatizar a información, iniciaron unha campaña de represión contra os profesionais que denuncian esta situación” explicou Antón Sánchez.

O porto da Coruña será outro dos temas centrais do pleno para En Marea ante o xiro inesperado que supuxo a condonación da débeda do Consorcio de Valencia do 2007. O vicevoceiro de En Marea lembrou que o seu grupo ten denunciado en reiteradas ocasións o vergoñento convenio asinado no 2004 sobre o porto coruñés no que se incluía a venda dos terreos portuarios para pagar a débeda, e que nin tan sequera así servirían para acabar con ela. “Non imos tolerar ningún agravio comparativo e por iso esiximos á Xunta que faga o seu traballo e actúe para que non se consolide” anunciou Sánchez.

Do porto da Coruña depende o futuro da cidade da Coruña como explicou o viceportavoz de En Marea quen fixo referencia tamén ao exercicio de transformismo do PP que semella cambio de xeito de parecer pasando de asinar un convenio no que se dicía que había que vender os terreos da Coruña a non estar agora de acordo. “Esperamos do PP que ante este cambio de opinión, deixen sen efecto o convenio de Feijoo e Iñigo de la Serna no que se contemplaba tamén a venda dos terreos portuarios. De non ser así, estaremos so ante un tacticismo do PP provocado polo cambio de Goberno estatal” declarou Sánchez.

Os distintos grupos da oposición levaron tamén unha petición conxunta para abrir unha comisión de investigación sobre o acontecido no Marisquiño. “Falase nos medios e aquí néganse un instrumento para saber que aconteceu o que amosa que non teñen interese real senón unicamente facer ruído” lamentou o viceportavoz.

A maiores diversas iniciativas, o grupo de En Marea levará ao pleno da Cámara outra serie de iniciativas centradas no prezo da luz e que se baixe o IVE, na mina de Touro, e por último o ditame sobre a política forestal no que En Marea expresará a súa posición en contra. “O PP empregou esta comisión para desviar atención sobre as responsabilidades políticas ante o acontecido hai case un ano na vaga de lumes. O resultado final non é máis que a continuidade co modelo actual, no ditame non cambia nada. Un resultado decepcionante que volvan a prometer as mesmas cousas que no 92 pero non se diga como se vai facer no relativo a cifras orzamentarias ou persoal para facer en cinco anos o que non se fixo nos 21 anos anteriores” concluíu Antón Sánchez.