En Marea e CERMI acordan medidas para que os problemas das persoas con diversidade funcional teñan un seguimiento estable no Parlamento

En Marea acordou con CERMI unha serie de medidas para propoñer no Parlamento de Galicia que van desde a integración da atención sociosanitaria ata a equiparación salarial das persoas discapacitadas.
Por o 07/07/2018 | Sección: En Marea,Galicia,Política
En Marea e CERMI acordan medidas para que os problemas das persoas con diversidade funcional teñan un seguimiento estable no Parlamento
Compartir en:

En Marea e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) suman forzas para que as diversas problemáticas que afectan ao día a día da cidadanía con diversidade funcional teñan un maior protagonismo no Parlamento de Galicia. Logo dunha intensa xornada de traballo na que os distintos colectivos integrados nesa plataforma espuxeron os seus puntos de vista e experiencias aos deputados da formación; En Marea levará á Cámara unha serie de medidas, entre as que destaca a creación dunha Comisión Permanente centrada nesta temática. Na mesma xornada celebrada no Parlamento de Galicia, marcáronse os principais puntos que En Marea defenderá no Parlamento de Galicia para conseguir unha representación mellor dos intereses e da representación das persoas con discapacidades.

Entre as conclusións obtidas no debate, a deputada por En Marea Paula Vázquez Verao, sinalou a necesidade dunha integración da atención sociosanitaria, en lugar da actual compartimentación. Neste mesmo sentido tamén se sinalou que se estaban padecendo situacións “intolerables” en casos como a atención de saúde mental que “precisa máis recursos e que non se produzan casos como os rexistrados no hospital de Conxo”. Desde os colectivos e desde En Marea se reclama a posta en marcha dun Plan integral de atención extratéxico de saúde mental. En Marea abogará pora unha atención sociosanitaria accesible para todas as persoas con discapacidades para evitar as dificultades das persoas xordas cando teñen que ser atendidas en servizos sanitario pola falta de intérpretes e de coñecemento da lingua de signos.

En Marea considera que a atención sanitaria é un dereito e, polo tanto, non pode padecer problemas na súa prestación, problemas que padecen habitualmente as persoas con discapacidades. Para Paula Vázquez Verao “é necesario un concerto social que favoreza a atención e o acceso á mesma e tamén é necesaria a eliminación do copago, que supón unha barreira económica”. Isto está encamiñado a conseguir unha accesibilidade universal en Galicia. Deste xeito, é necesario que os servizos se presten de maneira integeral universal en todo o país, especialmente nos zonas rurais que padecen un déficit aínda maior destes servizos”.

Outras liñas de traballo para En Marea será a atención temperá de maneira que está se estenda a todo o país. Como primeiro paso para En Marea sería necesario acabar coa falta de personal das equipas de valoración que ten provocado un retraso estrutural na avaliación que non se vai solucionar, como pretende a Xunta, coa contratación de equipos para seis meses.

ONCE Galicia, FADEMGA Plena Inclusión, COGAMI, FAXPG, FEAFES Galicia, Down Galicia, Autismo Galicia, FEGADACE, FAGAL e ASPACE Galicia foron os colectivos que participaron na xornada de traballo impulsada por CERMI, e da que o grupo parlamentario de En Marea tomou boa nota. Entre as tarefas necesidades e reclamacións expostas, e que a formación ten asumido como propias, destacan os incumprimentos no que se refire ás emisións acompañadas de intérprete de signos na CRTVG. E é que, tal e como destacou o presidente de CERMI, Iker Sertucha, “a pesar de que a lei obriga a que o 90% dos espazos das canles públicas dispoñan dos medios necesarios para facelos comprensibles ao conxunto do público, o ano pasado unicamente se ofertaron 284 horas de programación en lingua de signos”.

Sobre a mesa quedou tamén a necesidade de melloras no ámbito da atención sanitaria; outro dos aspectos que En Marea levará á Cámara galega por petición de CERMI. Que tamén destacou a necesidade de introducir no ensino profesionais capaces de comunicarse en linguaxe de signos. “Para que a educación sexa inclusiva é necesario que a lingua de signos estea presente nas aulas, titorías e actividades de apoio. É necesario un reforzo para que existan profesionais na aula que a empreguen, de xeito que os rapaces os perciban como referentes” e sexa posible avanzar na integración das persoas xordas e mudas e na normalización da súa realidade.

Os representantes de CERMI tamén destacaron a necesidade de acadar melloras no eido da formación e o emprego. “Hai que continuar traballando para eliminar as barreiras mentais que aínda existen por descoñecemento, reticencias, rexeitamento”. explicou o presidente do comité, que pediu a colaboración de En Marea para facilitar dende o Parlamento de Galicia o acceso e a promoción laboral das persoas con diversidade funcional. En Marea sinala a necesidade de que se remate coa fenda salarial das persoas discapacitadas. En Galicia, unha persoa traballadora con discapacidade gana 3.500 euros anuais menos que o salario bruto anual medio no país. Paula Vázquez Verao considera que é unha situación que “non pode seguir sucedendo. Pon o énfase En Marea en que deben cumprirse os convenios laborais no sector e non se “pode permitir que se faga negocio a partir do traballo de persoas con discapacidade”.

En Marea tamén pedirá que a CRTVG cumpra dunha vez coas leis de accesibilidade e que se garanta a subtitulación e linguaxe de signos na súa programación.