Esta mañán o grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea enviou ao Goberno un documento titulado “Deixar atrás a austeridade” no que se recollen unha serie de propostas para afrontar a votación da senda do déficit. Tras o fracaso do primeiro intento o pasado mes de xullo, Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea propón un pack de medidas anti-austeridade para poder plantexarse a posibilidade dun voto a favor.
Entre elas, cabe destacar a renegociación do déficit con Bruselas ou a derogación da Lei de Estabilidade Presupostaria que impón, entre outras cousas, o pago da débeda á banca por diante dos servizos públicos ou a necesidade de aprobar a senda do déficit no Senado, outorgando así o poder absoluto ao Partido Popular neste tema.
Do mesmo xeito, Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea piden ao Goberno a relaxación da regra de gasto que traslada a austeridade aos concellos, a derogación dos decretos de racionalización do gasto que afogan a sanidade, a educación e a ley de dependencia ou o aumento dos ingresos do Estado mediante un aumento da imposición aos que máis teñen e ás grandes corporacións.
Segundo fontes do grupo parlamentario, tras enviar estas propostas ao Goberno, quedan á espera dunha resposta, como inicio dun diálogo que se prolongará ao longo do mes de agosto e que esperan remate nunha aposta valente por parte do Goberno dunha axenda anti-austeridade que permita deixar atrás aos recortes do Partido Popular.
“Hai básicamente dúas opcións”, argumentan. “Ou ben deixamos atrás o dogmatismo cruel coas xente humilde e absolutamente fracasado en termos económicos da austeridade e sentamos as bases para poder negociar uns Presupostos Xerais do Estado que rematen cos recortes e empecen a sacar aos cidadáns da precariedade ou ben se mantén unha continuidade coa senda do Partido Popular cunha pouca maquillaxe”. Se o Goberno quere o apoio de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea á senda do déficit, débese constatar unha aposta clara pola primeira opción.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.