En Marea esixe a dimisión de Cortabitarte do seu cargo en ADIF por autorizar a desconexión do ERTMS

O ex director de Seguridade na Circulación de Adif chegou a afirmar que a “desconexión do ERTMS non tivo relevancia” e que “non tivo nada que ver” co accidente de Angrois.
Publicado por o día 17/10/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea esixe a dimisión de Cortabitarte do seu cargo en ADIF por autorizar a desconexión do ERTMS

Esta tarde abría a sesión de comparecencias da Comisión de Investigación do Alvia o ex Director de Seguridade na Circulación de ADIF, Andrés María Cortabitarte, que chegou a afirmar que a desconexión do sistema de seguridade máxima, o ERTMS, “non tivo relevancia” e “non tivo nada que ver” no accidente de Angrois.

Responsábel de autorizar a desconexión do sistema de seguridade máxima

Alexandra Fernández puxo a énfase na autorización de desconexión do ERTMS realizada por Cortabitarte. Dirixiulle unha serie de cuestións sobre a desconexión completa do ERTMS, debullando os momentos que se sucederon até que nun tempo de 24 horas, “con media carilla, vostede autoriza finalmente a desconexión do sistema. “Non agardaron nin polos Informes do fabricante! Bombardier, que envía os informes dous días após de que se solicitase a desconexión, recomendaba baixar a velocidade, non a desconexión. Coincide co dito polo Señor Tamarit, o maior experto en ERTMS: “pasando a menos velocidade pola baliza, resolvíase”. “Por qué non fixeron caso do fabricante?”, interpelouno a deputada de En Marea.

O Ex Director de Seguridade na Circulación enredouse en argumentacións que carecen de fondo técnico. Dixo que “Non hai problema en circular con un ou con outro”, na liña do dito na súa exposición inicial na que restou relevancia ao sistema de seguranza máximo. Engadiu que foi autorizado pola autoridade competente, en alusión ao Ministerio e Adif. Fernández acusouno de ser incapaz de dar unha versión competente técnica da desconexión como ficou demostrado.

A deputada de En Marea interpelou a Cortabitarte sobre a análise de riscos, criticando que se dese luz verde á liña sen os preceptivos e completas análisis de risco. “Houbo unha xunta na que estivo Adif, tratouse a documentación a entregar para demostrar a seguridade no tramo Ourense-Santiago. Na xunta, a Direción de Seguridade da Ciruclación dí que debe entregarse dossier completo, con ISA. “Está dacordo en que debía entregarse o dossier compleo co Informe dun evaluador independente?”.

Fernández tivo que repetir varias veces esta cuestión debido a que Cortabitarte evitou responder, aínda que admitiu a En Marea que non se fixo Avaliación Externa do enclavamento de Santiago porque casualmente “ese enclavamento tiña un procedemento diferente debido a que os trens sempre estiveron pasando. Entón o procedemento xa non foi o normal, senón outro”.

A deputada de En Marea inqueriu a Cortabitarte: “Cal é a normativa que di que non había que  facer ISA do enclavamento de Santiago? Vostede xustifica que non tivese que facerse, en base a que normativa?”.

A resposta do ex Director deixou ás claras que foi unha decisión endogámica e corporativista: do Ministerio e de Adif.

Finalmente, demandou a súa demisión por ter desconectado o ERTMS.

“Temos claro que Cortabitarte, ex Director de Seguridade en ADIF, debe dimitir. Non foi quen de explicar o motivo da desconexión do sistema de seguridade no Alvia e non deu explicacións ás vítimas”, explicou a deputada cando baixou apoiar a manifestación convocada na Praza das Cortes pola Plataforma Víctimas Alvia 04155.

LANCHARES

A deputada tamén interpelou a Antonio Lanchares, ex director de seguridade na circulación de Renfe, que non soubo explicar porque  na curva do accidente non había sistema de control ERTMS nin un sistema ASFA ben balizado no momento do accidente.

“Nós apostamos polo ERTMS, pero non é fiable polo que ao ver que tiña fallos e ver que estaba autorizada a circulación cun sistema permitido como o ASFA optouse por esa opción”, afirmou Lanchares, que sen embargo despois recoñeceu ante as preguntas de Fernández que o ASFA non protexía a curva porque non había baliza.

Ante esta evidencia, Lanchares insistiu en que había normas que permitían “que se protexese a curva de outro xeito” ao que simplemente dixo que se trataba da “formación dos maquinistas”.

“Esta comparecencia evidencia que se se tivese realizado a avaliación de riscos pertinente, comprobarían que o sistema ASFA non estaba protexendo a curva e que a seguridade desta vía estaba en mans exclusivamente do maquinista”, explicou a deputada.