En Marea esixe á Xunta de Galicia unha solución urxente para a situación dos traballadores e traballadoras de POVISA a curto e longo prazo

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, preguntou ao Goberno galego pola negociación entre a empresa e o Goberno galego e denunciou a continua chantaxe e emprego do persoal para seguir a ingresar cartos públicos que van a parar á conta de beneficios da empresa
Publicado por o día 25/10/2018 na sección de En Marea,Galicia,Política,Sanidad,Vigo

En Marea esixe á Xunta de Galicia unha solución urxente para a situación dos traballadores e traballadoras de POVISA a curto e longo prazo

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, preguntou esta mañá na comisión de Sanidade pola situación dos traballadores e traballadoras de Povisa. Na súa intervención Solla lembrou como a Xunta de Galicia optou por poñer en mans da empresa POVISA parte da asistencia sanitaria da área de Vigo, unha asistencia que foi ampliándose ata chegar a un total de 137.000 persoas coas súas cartillas adscritas ao hospital. “Unha privatización estrutural da asistencia sanitaria que chegou a condicionar o investimento público da Área sanitaria de Vigo” como denunciou a deputada de En Marea. Dende que existe o concerto con POVISA, as chantaxes desta para provocar unha renegociación dos concertos e sempre levan como resultado unha mellora nas condicións da empresa, que supoñen un custo para o Servizo Galego de Saúde e nas que ademais, a empresa aproveita a conxuntura para endurecer as condicións laborais das traballadoras e traballadores.

“POVISA leva anos ingresando millóns de euros públicos que engordaron durante anos as súas contas. Millóns de euros que se deixan de investir na sanidade pública. Pero millóns de euros que nunca foron á parar á mellora das condicións das e dos traballadores de POVISA” denunciou Eva Solla.

Agora, “unha vez máis, asistimos a outra chantaxe da empresa, rexistrando un preconcurso de acredores e culpando de presuntas perdas ao concerto que mantén co Servizo Galego de Saúde, para instar unha negociación onde poder esixir máis recursos públicos”. O persoal como lembrou Eva Solla “leva co convenio caducado dende o ano 2010 cando comezaron tamén decenas de despedimentos inxustificados e reducións forzosas das xornadas laborais que levaron a algunhas traballadoras a ver reducido o seu salario ata un 22,5 por cento”.

Ante esta situación o grupo parlamentario de En Marea preguntou ao Goberno galegos en primeiro lugar se pensa solicitar a empresa unha auditoría das súas contas e que valoración fai da situación e a utilización do persoal a hora de esixir máis recursos públicos pese aos beneficios declarados pola empresa. A deputada de En Marea esixiu á Xunta de Galicia unha solución urxente que acabe coa actual situación na que non só están a perigar moitos postos de traballo senón que se está poñer en risco a asistencia sanitaria de miles de persoas na área sanitaria de Vigo.

Así mesmo Eva Solla polos investimentos feitos en POVISA en innovación cos que non conta a rede pública. En Marea defendeu a inviabilidade de manter concertos sanitarios de xeito estrutural como queda en evidencia coa xestión económica de POVISA unida ás longas listas estruturais das que adoece.

Comentar noticia

Your email address will not be published.