En Marea esixe á Xunta unha solución urxente a saturación do servizo de urxencias do hospital Montecelo

Publicado por o día 13/04/2018 na sección de En Marea,Política,Sanidad

En Marea esixe á Xunta unha solución urxente a saturación do servizo de urxencias do hospital Montecelo

Ante a nova situación  de saturación rexistrada no servizo de urxencias do hospital de Montecelo en Pontevedra vivida hoxe, a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, esixe ao goberno da Xunta de Galicia e ao seu presidente Núñez Feijóo que deixen de negar a realidade e poñan solución urxente a esta intolerable situación.

Esta mesma mañá o grupo do Partido Popular no Parlamento minimizaba en comisión a falla de persoal e deficiencias materiais que se están a sufrir nas urxencias dos distintos hospitais galegos e pola tarde informaban ao grupo parlamentario de En Marea da insostible situación que se estaba a vivir no hospital de Montecelo.

“É hora de que o Goberno galego deixe de negar a realidade cun discurso que nada ten que ver co que diariamente está a vivir á cidadanía nos servizos de urxencia dos hospitais galegos, e dunha vez por todas actúe para poñer fin aos continuos colapsos e saturacións” concluíu Eva Solla.