O grupo de En Marea ven de rexistrar no Parlamento de Galicia unha serie de iniciativas para solicitar do Goberno central a modificación do proxecto de Lei do “imposto de plusvalías” para que se devolva o inxustamente cobrado a máis de 18.000 galegos e galegas. Esixe ademais que asuma o custe da devolución de oficio que deberían realizar os Concellos.
O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, asegurou que a proposta do Goberno central unha vez máis deixa en “evidencia a intención de sangrar á cidadanía, a pesar da evidencia da ilegalidade de cobro do imposto nas vendas a perdas”. “Estamos unha vez máis ante un goberno que está para rescatar bancos e multinacionais, pero incapaz de devolver o que de forma irregular, e por responsabilidade do Goberno, foi cobrado de xeito ilegal” denunciou Sánchez.
O grupo de En Marea esixe polo tanto a devolución e a compensación dos danos provocados a persoas ás que se lle cobrou o imposto de plusvalía a pesar da situación de emerxencia, por dación en pago ou perda de vivendas similares.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.