En Marea esixe por carta á Conselleria de Medio Ambiente información sobre o lugar e hora de celebración do campionato galego de caza de raposo

O deputado de En Marea, Francisco Casal, lembrou que o evento conta coa autorización e apoio económico da Xunta
Publicado por o día 18/01/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea esixe por carta á Conselleria de Medio Ambiente información sobre o lugar e hora de celebración do campionato galego de caza de raposo

O grupo de En Marea remitiu unha carta á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez,  na que se lle pide información sobre o campionato galego de caza de raposo que terá lugar o vindeiro domingo 20 de xaneiro. O deputado Francisco Casal lembrou que se trata dunha actividade que conta coa autorización da Consellería, dentro dos plans dos Tecor nos que se vai celebrar, así como co apoio e financiamento da Xunta, e a pesar disto a día de hoxe descoñecese a localización exacta da celebración do mesmo.

“Dentro das obrigas de transparencia que corresponden a súa labor, e sobre todo tendo en conta que é unha actividade que conta coa autorización, colaboración e patrocinio da Xunta de Galicia , deberá esta facilitar a información relativa ao lugar de celebración, ademais daquelas requiridas legalmente para a celebración do mesmo” remarcou o deputado de En Marea.

Na carta En Marea aproveitou para lembrarlle a oposición do grupo parlamentario á celebración deste tipo de eventos, xa que segundo están carentes de ningunha xustificación ambiental e de xestión das especies, recordando así mesmo á conselleira a obriga de informar ao Parlamento e os seus compoñentes sobre aquelas informacións que lle son requiridas.

“Polo que mediante esta carta solicito, faga chegar ao noso grupo a información que permita coñecer o lugar e hora de celebración do citado campionato. De non acceder ao solicitado, o noso grupo exercerá as acción oportunas, para denunciar os seus incumprimentos e a labor de ocultación de información coa que está a contribuír” advertiu o deputado de En Marea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.