En Marea esixe traballo conxunto entre a Xunta, Estado e UE para dar solución a fábrica de Alcoa na Coruña

O deputado Francisco Casal lembrou que o anuncio de peche por parte da empresa era previsible e que En Marea leva anos alertando e propoñendo alternativas para non chegar a esta situación
Por o 17/10/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea esixe traballo conxunto entre a Xunta, Estado e UE para dar solución a fábrica de Alcoa na Coruña
Compartir en:

En Marea reclama tarifas competitivas e estables para as industrias electrointensivas como acontece no resto de Europa, co fin de acabar coa especulación de prezos da enerxía eléctrica no Estado. Así mesmo, denuncian a chantaxe por parte de Alcoa para obter subsidios que maioritariamente trasladan directamente aos seus beneficios sen investir na mellora das instalacións como na factoría da Coruña que leva anos sen realizar ningún tipo de mellora.

Despois do anuncio feito por Alcoa, que pretende pechar as plantas da Coruña e Avilés, a deputada Yolanda Díaz e o deputado Pancho Casal amosaron todo o seu apoio aos traballadores e traballadoras.

“Esta tarde mantemos unha xuntanza coa ministra de Industria, Reyes Maroto, e esixiremos a súa intermediación para rebaixar as tarifas co fin de garantir a continuidade con prezos de electicidade viables”, explicou Díaz.

En Marea lembra que a nova do peche destas plantas “é consecuencia das lexislacións do sector eléctrico impulsadas polos gobernos do Partido Popular”.

Os deputados Francisco Casal e Yolanda Díaz consideran “inaceptable” a situación e lembran que En Marea leva máis de dous anos presentando distintas propostas no Parlamento de Galicia e no Congreso para “non ter que chegar a esta situación que era previsible”.

Os deputados aseguran que o Goberno ignorou durante os últimos tres anos todas as voces de alerta tanto da industria como do Parlamento, mantendo un sistema de apoio caro e ineficaz cheo de incertidumes que impediu ás empresas establecer estratexias a longo prazo.

Ademais, denuncian que tamén se dilatou a aplicación dunha partida orzamentaria de apoio á industria electrointensiva por un importe de 130 millóns de euros aprobada nos orzamentos de 2017.

“É intolerable o que fixo durante anos o goberno de Rajoy e instamos ao goberno de Pedro Sánchez a que actúe para poñer fin a esta situación” declararon os deputados.

Por todo isto, e ante a noticia de peche da factoría de Alcoa na Coruña, o grupo parlamentario de En Marea xunto cos resto de grupos da oposición ven de solicitar de xeito urxente a comparecencia do conselleiro de Industria, Francisco Conde. Así mesmo, En Marea esixe á Xunta de Galicia “que traballe de xeito conxunto co goberno do Estado, partidos políticos e sindicatos para dar saída a este problema de inmediato”.

Pola súa banda, Díaz manterá esta tarde unha xuntanza coa ministra de Industria,  Reyes Maroto, á que trasladará a grave situación dos traballadores e traballadoras de Alcoa e anunciou unha petición da comparecencia para que explique nas Cortes as medidas que pensa adoptar ante esta grave decisión de Alcoa.

“É tempo de reaccionar e imos urxir ao Goberno a que actúe no mercado enerxético, ante ALCOA e a UE, con toda a enerxía e medios ao seu alcance para evitar o peche destas plantas”, explicou Díaz.

Francisco Casal lembrou que Alcoa é unha empresa rendible a nivel mundial e que tivo moitos beneficios coas factorías da Coruña e Avilés, unha parte importante, entre 130 e 150 millóns de euros anuais, proveñen de toda a cidadanía a través da factura da luz para dotar as axudas de  interrumpibilidade.

Por este motivo, desde En Marea instase á compañía a negociar e reverter a decisión de peche das dúas factorías.

Comentar noticia

Your email address will not be published.