En Marea: “Esiximos por carta á Ministra de Traballo que leve ao Consello de Ministros a entrada temporal do Estado no capital de Alcoa e a aprobación do Estatuto das Electrointensivas”

O covoceiro de En Marea, Pancho Casal, afirma que se trata de “actuacións imprescindibles para garantir o futuro de Alcoa San Cibrao que a propia ministra trasladaba á opinión pública de maneira reiterada cando se manifestaba cos traballadores da compañía”.
Publicado por o día 02/06/2020 na sección de En Marea,Política

En Marea: “Esiximos por carta á Ministra de Traballo que leve ao Consello de Ministros a entrada temporal do Estado no capital de Alcoa e a aprobación do Estatuto das Electrointensivas”

Dende En Marea consideramos imprescindible, sen prexuízo doutras medidas, a entrada temporal do Estado –de maneira directa ou a través da SEPI– no capital de Alcoa Aluminio San Cibrao para axudala a capear esta situación de crise, que entendemos como “conxuntural e non estrutural”; así como a aprobación urxente do Estatuto das Industrias Electrointensivas tendo en conta as alegacións feitas pola representación dos traballadores.

Neste senso, os voceiros da organización Pancho Casal e María Chao, veñen de enviar unha carta á Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, na que lle esixen que traslade ao Consello de Ministros esas dúas propostas, que entenden son “actuacións imprescindibles para garantir o futuro de Alcoa San Cibrao”. Trátase de dúas medidas que, segundo reza na misiva, ela mesma trasladou “á opinión pública de maneira reiterada”.

Lamenta Casal que, “agora que ela mesma forma parte do Goberno, non se lembre do que lle dicía aos traballadores e traballadoras hai apenas uns meses”. Para en En Marea “a situación é límite e se non se actúa de maneira inmediata, podería volverse irreversible”. Por iso instan á ministra galega a que manteña a súa posición e a defenda no Consello de Ministros “de xeito urxente”.

O covoceiro de En Marea, Pancho Casal, lembra de novo os exemplos protagonizados por Francia, Alemania ou Italia, de intervención en empresas de diferentes sectores coa intención de despois recuperar eses fondos con plusvalías.

Por último, Casal pediu ao presidente da Xunta de Galicia que, ademáis de saír todos os días no telexornal, asuma a súa responsabilidade e “faga uso das competencias exclusivas que o goberno autonómico ten atribuídas en materia industrial”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.