En Marea fai un chamamento á Xunta para que atenda as xustas reivindicacións dos axentes forestais e retire a “proposta miserable” que lles presentou

O deputado Davide Rodríguez denunciou a lamentable situación na que está obrigado a traballar este colectivo e lamentou que na campaña de máximo risco de lumes o goberno galego faga deixamento das súas funcións e amose a súa incapacidade para redactar un novo acordo laboral que permita apagar e dirixir os lumes de nova xeración
Publicado por o día 14/08/2018 na sección de En Marea,Medio Ambiente,Política,Xunta de Galicia

En Marea fai un chamamento á Xunta para que atenda as xustas reivindicacións dos axentes forestais e retire a “proposta miserable” que lles presentou

O deputado de En Marea, Davide Rodríguez, acompañado dos representantes sindicais dos axentes forestais e medioambientais en folga denunciaron ante os medios de comunicación a intolerable situación na que se ven obrigados a traballar e insistiron nas súas xustas reivindicacións que afectan non so as súas condicións laborais senón tamén a calidade e seguridade do propio servizo. O deputado de En Marea asegurou que a Xunta de Galicia presentou unha “proposta miserable” que nada que ver ca que dixo Conselleira Beatriz Mato, no marco das negociacións do novo acordo laboral, xa que a Xunta pretende que traballen durante seis meses en quendas de 12 horas, o que aumentaría a xornada anual a máis de 2000 horas. E todo sen ningún tipo de redución horaria nin compensación adicional, o que entenden prexudicaría a súa vida familiar e laboral.

Tras anos de espera, en novembro de 2017 iniciáronse unhas negociacións “cun interlocutor que fixa a data do 1 de decembro de 2017 como límite para renovar un acordo de condicións de traballo asinado en 2004, e caduco dende o 2007 lembrou Davide Rodríguez e o director xeral de Función Pública presentou unha proposta inasumíbel que eleva a xornada anual a máis de 2000 horas, mentres un funcionario de corpos xerais fai unhas 1700.

Aseguran que a Xunta achegou un borrador de proposta sen ningunha redución horaria nin compensación adicional con días de descanso. Ata que cinco meses despois prodúcese unha nova xuntanza, na que trasladan unha proposta “miserábel que pretende condicionar a vida destes e destas profesionais e sen compensación horaria de ningún tipo”.

O pasado 24 de maio, nunha manifestación convocada en Santiago por distintas organizacións sindicais, á que acudiron máis de 300 traballadores e traballadorass, “o colectivo dixo non a esa proposta, pedindo uns horarios e salario dignos” como salientou o deputado de En Marea e mentres “a Xunta continúa a desoír as demandas do colectivo”.

A Policía medioambiental está sen vehículos; os directores de extinción do 99 por cento dos lumes de Galiza seguen sen cobrar unhas gardas dignas; os mellores investigadores e investigadoras deses lumes continúan sen un horario axeitado que permita a conciliación da vida laboral e familiar e sen as prazas nas RPT que o presidente da Xunta prometeu crear; e sen que os axentes que perseguen o furtivismo teñan seguridade xurídica e persoal.

“A Xunta segue a ignorar as demandas deste colectivo deixando pasar os días, namentres estamos na campaña de alto risco de incendios forestais, e o conflito continúa sen se resolver, polo que dende En Marea temos que preguntar que pensa facer o Goberno galego co colectivo” declarou o deputado de En Marea. En repetidas ocasións os propios traballadores e traballadoras advertiron que o actual acordo laboral non sirve para atallar os grandes lumes que se están a producir no país.  Desde o grupo parlamentario de En Marea instaron ao goberno galego a atender ás peticións destes profesionais que pasan por:

  • Estudar a distribución e cadro horario de xeito que non se excedan en computo anual da xornada do persoal da Xunta de Galicia, e en computo horario fixar as gardas de maña máximo de 10 horas e as de noite de 8 cunha distribución racional garantindo así a seguridade e saúde destes funcionarios e do persoal que dirixen. No caso do computo anual débense ter en conta os coeficientes amplificadores por horario nocturno e en fin de semana.
  • Negociar cas organizacións sindicais as condicións de traballo acorde a responsabilidade que exercen os e as axentes medioambientais.
  • Engadir en dito acordo a suba do complemento específico en base a penosidade, toxicidade, turnicidade, nocturnidade e especial responsabilidade deste persoal funcionario.
  • Cumprimento inmediato dos plans de acción da avaliación de riscos laborais.
  • Un aumento paulatino dos niveis da escala hasta un nivel mínimo 20.
  • Facer unha campaña institucional divulgativa sobre a labor que realizan os e as Axentes Medioambientais.
  • Facer públicas as estatísticas de infraccións e dilixencias xudiciais que realiza o Corpo de Axentes Medioambientais.
  • Habilitar un perfil oficial nas redes sociais como teñen outros corpos adscritos a Consellería de Medio Ambiente.
  • Habilitar un teléfono de atención o cidadán para denuncias medioambientais.
  • Integrar as e os axentes medioambientais no 112 de Galicia, xa que agora mesmo estase incumprindo por parte da Administración galega da Lei 17/2015 del Sistema Nacional de Protección Civil onde no seu artigo 17 o cita expresamente.
  • Habilitar os e as axentes forestais de medios de defensa persoal para o exercicio das nosas tarefas policiais.
  • Facilitar formación técnica e policial para o desenrolo das citadas funcións na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) pero principalmente na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
  • Para potenciar a renovación e rexuvenecemento da plantilla de persoal do SPDCIF a xunta debe instar ao estudo dos coeficientes redutores para adiantar a idade de xubilación como se fixo non bombeiros, na policía local noutros colectivos de traballadores con especial toxicidade, penosidade, turnicidade e nocturnidade.

“O futuro dos nosos montes está nesta xente, nos funcionarios da xunta que defenden e coñecen a terra, o monte en todo o seu conxunto e aos que A Xunta de Galicia e as consellerías correspondentes lles negan medios poden actuar na orixe do problema. Este colectivo non é o problema dunha política forestal produtivista que trae lumes e acaba co país. Este colectivo é a solución” concluíu Davide Rodríguez.