En Marea inicia conversas coas mareas locais por onde pasa o Camiño para frear os problemas de insalubridade, desprotección, agresións e abandono que está a ignorar o Goberno de Núñez Feijóo

O obxectivo destas xuntanzas é a de visibilizar todas estas problemáticas, sacalas do esquecemento e iniciar accións conxuntas para acadar solucións reais
Por o 28/01/2019 | Sección: En Marea,Política
En Marea inicia conversas coas mareas locais por onde pasa o Camiño para frear os problemas de insalubridade, desprotección, agresións e abandono que está a ignorar o Goberno de Núñez Feijóo
Compartir en:

En Marea iniciou hoxe as conversas coas mareas dos concellos por onde pasa o Camiño de Santiago, e que están a sufrir diversos problemas de insalubridade, desprotección, agresións e abandono do patrimonio e do ambiente. O obxectivo destes encontros é o de plantexar iniciativas e accións para poñer fin a unha problemática que está a ignorar o goberno de Núñez Feijóo, que ademáis vendeu en FITUR o Camiño como a panacea do turismo, obviando esta situación que ven acontecendo desde hai moitos anos en concellos de toda Galicia por onde transcurre o Camiño.

A esta primeira conversa, na que participaron os representantes das mareas de Oia, Touro e Mondoñedo coa vicevoceira e responsable de organización territorial e municipalismo de En Marea, Ana Seijas, seguirán engadíndose novas mareas que están a ver e a sufrir as mesmas problemáticas nos seus concellos.

A construcción dun parque eólico en Mondoñedo, o saneamento insalubre e a desprotección do Mosteiro de Oia (ben de interés cultural protexido) e a construcción da Mina en Touro (afectando tamén ao traxecto do Camiño), son algunhas das cuestións sobre as que falaron hoxe nesta primeira xuntanza. Unhas reunións que permitirán non só visibilizar todas estas problemáticas, senón tamén iniciar accións conxuntas para que de unha vez por todas déanse solucións reais a todos estes problemas esquecidos nun caixón polo goberno do PPdeG.

Comentar noticia

Your email address will not be published.