En Marea insta a Fomento a reunirse coa veciñanza de Navia para procurar unha solución ao grave problema de impacto acústico polo paso da VG-20

Alexandra Fernández mantivo unha xunta cos veciños e veciñas deste populoso bairro de Vigo e presentou no Congreso varias iniciativas parlamentares dirixidas ao Ministerio de Fomento
Publicado por o día 14/06/2018 na sección de En Marea,Galicia,Política,Vigo

En Marea insta a Fomento a reunirse coa veciñanza de Navia para procurar unha solución ao grave problema de impacto acústico polo paso da VG-20

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha proposición no de lei e unha serie de preguntas dirixidas ao Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, para instalo a reunirse cos veciños e veciñas do bairro de Navia (Vigo) para atender as súas propostas en relación á necesidade de solventar o grave problema de contaminación acústica que padece a zona debido ao paso da autovía de circunvalación VG-20.

Necesidade de aprobar un proxecto técnico de soterramento da VG-20

Alexandra Fernández mantivo unha xunta con veciños e veciñas afectados para recoller as súas demandas e trasladalas ao Congreso. Na proposición non de lei pide a Fomento que se procuren solucións para a redución do impacto acústico na VG-20 no tramo paralelo a Ricardo Mella. Ademáis, emprázao a aprobar en breve prazo de tempo un proxecto técnico de soterramento da VG-20 no tramo que vai paralelo ao bairro de Navia, concretamente no tramo que vai desde o cruce coa Rúa Cañiza até a Avenida Europa, que permitiría resolver o problema da contaminación acústica ao tempo que serviría para conectar os bairros de Navia e Coia. E sería idóneo para mellorar as condicións de habitabilidade e de calidade do espazo público.

Asemade, pide a deputada de En Marea que se estude a mellora da conectividade entre a VG-20 e este populoso bairro.

A deputada de En Marea explica ao Ministerio de Fomento a problemática que sofren os habitantes de Navia debido ao elevado nivel de ruido polo paso desta infraestrutura vial de competencia de Fomento. Salienta que este bairro configurouse como un dos núcleos habitados máis importantes no solo de  Vigo e conta con máis de 9.000 persoas censadas. Acolle especialmente a poboación moza.

Mais sofre unha planficación urbanística nefasta dado que parece unha illa en medio de distintas estradas. O bairro non se proxectou coas axeitados estándares de calidade ambiental, urbanística e de protección fronte ao ruido.

Desde a súa inauguración converteuse nun problema serio. Cremos que é o momento de abordar as posíbeis solucións para rematar con problemas como o sinalado. Desde En Marea vemos con bos ollos que se efectúe un Informe ou Estudo por parte de expertos para elaborar un proxecto técnico de soterramento dad VG-20.