En Marea insta á Xunta a protexer a Serra de Oribio ante a súa destrución por un parque eólico

Paula Vázquez Verao: “As obras para o parque eólico están en marcha, provocando un gran impacto na paisaxe, a flora, a fauna e o patrimonio cultural”
Publicado por o día 29/07/2019 na sección de En Marea,Política

En Marea insta á Xunta a protexer a Serra de Oribio ante a súa destrución por un parque eólico

Os deputados de En Marea Paula Vázquez Verao e Davide Rodríguez levan ao Parlamento de Galicia a denuncia da destrución da Serra de Oribio (Samos, Lugo) coa finalidade de abrir pistas para un futuro parque eólico nunha zona que está declarada como Rede Natura 2000.

“As obras dos camiños para o parque eólico en plena Rede Natura están en marcha, provocando gran impacto na paisaxe, a flora, a fauna e o patrimonio cultural”, critica Vázquez Verao.


Ditas obras foron denunciadas pola Asociación ADEGA, o pasado 7 de xuño, ante a Fiscalía e as Consellarías de Medio Ambiente e Industria e dos concellos de Samos e Triacastela, esixindo a súa paralización inmediata.

“Isto demostra unha vez máis que os intereses do capital están por enriba dos intereses das persoas. Para isto nos vale a lei de iniciativas empresariais, para que espazos como os que pertencer á Rede Natura queden esmagados”, sinala Rodríguez.

Neste momento as obras están paralizadas de xeito cautelar, dado que non contaban con autorización municipal. Aínda así, a maquinaria pesada quedou na serra durante días. “As obras, que ampliaron pistas, destruíron hábitats de turbeira e levaron por diante restos do antigo Camiño Real Monforte-Vilafranca, así como o entorno da Medorra do Fial”, explica Vázquez Verao.

“A Serra do Iribio é un espazo de gran valor ecolóxico e cultural, como sinala a Sociedade de Ornitoloxía de Galicia”, lembra a deputada. Verao e Rodríguez percorreron a Serra de Oribio coa veciñanza da zona, con asociacións ambientalistas e con activistas en defensa deste enclave de alto valora natural.

Do mesmo xeito, os deputados de En Marea denuncian as trabas da Xunta ás asociacións para a consulta de documentación sobre o proxecto do Parque Eólico Serra de Oribio e por iso solicitárona eles mesmos ao Goberno ao abeiro do artigo 9 no Parlamento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.