En Marea insta á Xunta e ao Concello de Pontevedra a poñer fin a caquera tipo de apoio ás touradas

A formación reclama que se prohiba a asistencia e a participación de menores nos espectáculos que impliquen tortura ou violencia contra os animais
Por o 13/09/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea insta á Xunta e ao Concello de Pontevedra a poñer fin a caquera tipo de apoio ás touradas

En Marea pide á Xunta de Galicia que poña fin a calquera tipo de respaldo ás touradas e que prohiba a entrada de menores de idade nos espectáculos taurinos. O deputado Marcos Cal e a deputada Julia Torregrosa trasladáronse este xoves ata Pontevedra para reclamar unha postura valente e clara da administración galega contra as corridas de touros. Os representantes de En Marea criticaron a presenza do vicepresidente do goberno autonómico, Alfonso Rueda, na última feira taurina celebrada en Pontevedra. E reclamaron que o executivo galego remate de inmediato con calquera forma de apoio implícito aos espectáculos baseados na tortura e na violencia contra os animais.

Os deputados de En Marea estuvieron acompañados polo voceiro de Galicia Mellor sen Touradas, Rubén Pérez. Que criticou o feito de que en Pontevedra se permita a asistencia de menores de idade ás corridas de touros. Cal e Torregrosa fixeron súas as reclamacións do voceiro do colectivo animalista, que  lembrou que a entrada de nenos nas prazas de touros é contraria ás recomendacións do Comité de Dereitos do Neno das Nacións Unidas, que ten prohibido a participación de menores, como espectadores ou participantes, neste tipo de eventos para afastalos da violencia das touradas. Así as cousas, En Marea ve necesario que a Xunta actualice o marco normativo e extendámonos a prohibición de acceso, actualmente limitada aos menores de 12 anos, ata os 18. Unha iniciativa que xa teñen adoptado outras comunidades autónomas, como a balear.

“Este ano vimos como houbo un día menos de corridas, e cada ano ven menos xente. O que indica que hai unha sociedade que cada vez tolera menos este tipo de espectáculos. Sen embargo vemos unha Xunta que ano tras ano segue respaldándoos”, denuncia Marcos Cal, crítico coa “actitude alegre e fachendosa” que o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, exhibiu recentemente no palco de representantes públicos da praza de Pontevedra.

O deputado lembrou a tentativa de En Marea de incluir na Lei de Defensa Animal a prohibición explícita das touradas. “Entendemos que non pode ser legal ningún tipo de espectáculo no que exista tortura e maltrato. Lamentablemente, non conseguimos que as nosas emendas saísen adiante e séguense a permitir este tipo de espectáculos. Pero resulta intolerable que a Xunta dea respaldo e trate de avivar un espectáculo baseado na tortura, e que ademais está caendo na decadencia e forma parte do pasado”, indicou Cal.

Neste contexto, En Marea pedirá explicacións ao goberno galego sobre a presenza de cargos do goberno galego na praza de touros de Pontevedra. “Queremos saber que convites ou invitacións está tendo a Xunta de Galicia ou se estas asistencias están tendo algún custo para o herario público. Imos preguntarlle se considera positivo que a Xunta respalde uns espectáculos que non contan co apoio dos galegos e galegas. Así como pola entrada de menores de idade á praza”, explica Marcos Cal, que asegura que “se non hai algún tipo de rectificación por parte do goberno galego En Marea pedirá que se prohiba a entrada de menores nas prazas e que a Xunta se comprometa a non dar respaldo coa súa presenza neste tipo de actos”.

Críticas ao papel do Concello e ao seu apoio económico

O deputado de En Marea amosouse crítico coas prioridades dos membros do goberno de Feijóo. “En Pontevedra estamos moi acostumados a ver ao señor Rueda asistindo ás touradas pero non o vemos apoiando aos pensionistas ou nas concentracións contra as violencias machistas”. Mentres que Julia Torregrosa apuntou cara ao Concello de Pontevedra para reclamar a fin do convenio vixente. “Non ten ningún sentido que por unha banda as administracións se amosen contrarias ás actuacións violentas contra os animais e doutra manteñan un convenio duns 35.000 euros que permite á cidade manter este espectáculo taurino e axuda ademais cos ingresos da Feira Franca e publicidade. Hai espazos como Campolongo, Monte dos Ríos ou o parque da Illa das Esculturas nos que a cidade poderia topar outros espazos para esas actividades da Feira Franca”, indica a deputada de En Marea.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.