En Marea celebra o avance da tramitación da proposición de lei pola que a transferencia da AP9 a Galiza será debatida no Congreso dos Deputados; e insta aos gobernos central e autonómico a seguir traballando para conseguir que a recuperación desa autoestrada para o público que a formación ven reclamando poida converterse por fin nunha realidade. O vicevoceiro, Antón Sánchez, apela ademais ao sentido da responsabilidade de Partido Popular e PSOE; e pídelles que apoien cos votos dos seus deputados unha proposición que supón o inicio da fin do roubo aos galegos e galegas que a concesionaria perpetra día tras día dende hai xa demasiados anos.
“A tramitación da proposición de lei da transferncia da AP9 no Congreso é unha boa nova. Unha boa nova para rematar co roubo que se perpetra día a día contra os galegos e galegas por parte da concesionaria. Unha boa nova porque a xestión máis cercana desta infraestrutura é positiva, pero tamén porque abre a posibilidade do seu rescate para o público que sería a verdadeira solución a este enorme problema”. Son palabras do vicevoceiro de En Marea, que insta ao Partido Popular a apoiar sen fisuras “esta unánime petición do Parlamento galego”.
O vicevoceiro lembra, porén, que o verdadeiro reto é a recuperación para o público da xestión da autoestrada. Polo que En Marea insta os gobernos do Estado e da Xunta a continuar traballando e a elaborar de inmediato “un estudo sobre a viabilidade do rescate da AP9. Cremos que economicamente é factible, e sería moi beneficioso para o interese xeral” tendo en conta o volume de ingresos, indica Antón Sánchez.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.