En Marea no pleno do Congreso: “Devolvan o Pazo de Meirás ao pobo galego”

O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, preguntou este mércores no pleno ao Goberno se pensa investigar o patrimonio da familia Franco e se colaborará para devolver o Pazo de Meirás ao pobo galego.

“Queremos prazos e respostas sobre o Pazo de Meirás, para devolvelo á cidadanía galega, da que nunca debeu saír. Galicia precisa e esixe pechar a páxina da vergoña”, asegurou o deputado.

En Marea fixo tres peticións ao Executivo:

– Devolver o Pazo de Meirás ao pobo galego
– Abrir unha investigación sobre o patrimonio ilexítimo dos Franco.
– Erradicar os privilexios contrarios á Lei e dignidade democrática.

O deputado fixo un repaso dos títulos nobiliarios que aínda manteñen os herdeiros da cúpula franquista, “descendentes de criminais de guerra”, lembrou Gómez-Reino, sinalando que “estes títulos esperpénticos foron renovados en democracia por gobernos socialistas”.

“O franquismo foi un réxime golpista, sanguinario e corrupto. O seu Caudillo, ademais dun asasino, foi un ladrón miserable, desviando fondos públicos para as súas contas persoais”, afirmou, lembrando que “os herdeiros de Franco están disfrutando do roubado e búrlanse de nós”.

O Goberno recibiu con boa aceptación a proposta de en Marea, sinalando que “estamos en liña en para traballar nesta dirección”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM